BENXAMINS. G. DE CARANZA “D”, 1 – NUMANCIA, 4.

CUESTIÓN DE EFICACIA

Vitoria do equipo benxamín da ADR Numancia de Ares por catro a un fronte o G. de Caranza “D” en partido celebrado no serán do venres en Caranza. O encontro correspondente a 11ª xornada da 2ª fase da liga benxamín no grupo 2 chegou ó descanso cun marcador de 0 – 4.

 



Ferrol, 6 de marzo de 2015.

FICHA TÉCNICA

G. DE CARANZA “D”: Iker (C), Nicolás, Martín, Diego, Pedro, Gonzalo, Alejandro e Pablo. Tamén xogaron Adrián Martínez, Gael, Ismael, Marcos, Adrián Bello e Jorge.

Adestrador: Rogelio Rey Abad.

Delegado: José M. Freire Llago.

NUMANCIA: Miguel Iglesias, Brais, Aarón García, Aarón Valcarcel, Marquitos, David (C), Joel e Marcos Rey. Tamén xogaron Carlos, Miguel Leira, Iván e Axel.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

Delegado: Francisco Vilasánchez Bardanca.

ARBITRO: Daniel Pérez Ferro. Sen incidencias.

GOLES:

G. de Caranza “D”: Adrián.

Numancia: Marcos (2), Aarón García e Joel.

Comezaba o encontro coa intensidade habitual dos últimos partidos dos benxamíns do Numancia, e pronto se vería reflexada no marcador. Un córner botado dende o lado dereito do ataque numantino botado por Aarón Valcarce, era rematado de forma tan maxistral como pouco habitual nestas categorías por outro Aarón, o García, marcando perfectamente os tempos no aire recordando o mismísimo Roberto Carlos Oliveira Sánchez, “Oli”, nesas grandes e numerosas tardes coas que nos deleitou nas dúas últimas décadas.

Sin desenvolver un xogo tan brillante como en partidos anteriores, o acerto cara a gol sí que estivo presente, e Marcos Margharetto, en duas ocasións casi consecutivas, era capaz de internarse polo centro e definir con claridade para marcar o segundo e terceiro gol para deixar o partido encarrilado mediada a primeira metade, que non terminaba ahí. Dispoñíamos de algunha chegada máis que David Vilasánchez non era capaz de materializar por ben pouco, pero a piques de chegar o final da primeira metade Joel recibía ó balón a uns metros da frontal da área, e de forte disparo, batía por cuarta vez o porteiro que nada podía facer.

Na segunda metade, a intensidade, posiblemente debida a diferencia no marcador, baixou de forma considerable. O partido non tiña o ritmo dos primeiros 25 minutos, pero o Numancia tampouco pasou apuros na súa portería, agás de un par de lanzamentos de falta que Miguel atallou con solvencia. Tivo algunha ocasión máis o cuadro vermello que tampouco materializou, e nos intres finales o Galicia de Caranza reducía o marcador marcando Adrián o gol da honra, aproveitandose dunha perda de balón no centro do campo e un pequeno desaxuste defensivo para batir por baixo a Miguel.

En resumidas contas, bo partido dos benxamíns numantinos, que sin facer un partido brillante no xogo, si foron capaces de gañar con solvencia resarcindose de marcadores anteriores donde esa superioridade, non se veía reflexada no marcador, e facendo boa a contundente vitoria ante o líder a semana pasada, para seguir loitando pola segunda posición no grupo.

O próximo fin de semana o equipo benxamín do Numancia recibirá en Ares no que será a 12ª xornada de competición ao Ánimas.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Benxamins: G. Caranza "D" - Numancia (06/03/2015)Benxamins: G. Caranza "D" - Numancia (06/03/2015)

 

 

 

 

 

Benxamins: G. Caranza "D" - Numancia (06/03/2015)Benxamins: G. Caranza "D" - Numancia (06/03/2015)

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.