Inicio Noticias Benxamíns BENXAMINS. NUMANCIA, 7 – NARON “B”, 2.
 
 

BENXAMINS. NUMANCIA, 7 – NARON “B”, 2.

BOA REACCIÓN LOCAL

Vitoria do equipo benxamín da ADR Numancia de Ares por sete a dous fronte o Narón “B” nunha fría maña do sábado en Prados Vellos. O encontro correspondente a sexta xornada da 2ª fase da liga benxamín no grupo 2 chegou ó descanso con vitoria visitante por 1 - 2.

 


Ares, a 31 de xaneiro de 2015

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA: Miguel Iglesias, Brais, Aarón García, Iván, Marquitos, Aarón Valcarcel, David Vilasánchez (C) e Joel. Tamén xogaron Carlos, Miguel Leira, David López e Marcos Rey.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

Delegado: Francisco Vilasánchez Bardanca.

NARON “B”: Pablo, Lucas, Hugo (C), Javier, Daniel, Yago, José Javier e Aarón. Tamén xogaron Miguel e Luís.

Adestrador: Borja Pereira Bouza.

Delegado: Alberto Graña Pérez.

ARBITRO: Pablo Peña Díaz. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0: Marquitos (min. 3), de disparo raso axustado á base do pau.

1 - 1: Aarón (min. 10), roubo de balón de Aarón no círculo central, en xogada individual conduce ata a área e bate a Miguel na súa saída.

1 - 2: Aarón (min. 13), saque de banda sobre Miguel Leira que perde a pelota na frontal fronte a Aarón que non desaproveita o regalo numantino.

2 - 2: Aarón Valcarcel (min. 28), de forte disparo dende o vértice dereito da área.

3 - 2: Aarón García (min 32), forte disparo dende tres cuartos de campo que sorprende o porteiro por arriba.

4 - 2: Marquitos (min. 35), parede dentro da área de David López para Marquitos que marca sen oposición.

5 - 2: Marquitos (min. 38), roubo de balón no círculo central de Marquitos quen en xogada individual se planta diante do porteiro para batelo na súa saída.

6 - 2: Marquitos (min. 43), aperturar dende a frontal de Marcos Rey para a chegada de Marquitos pola dereita, éste intérnase na área e dispara axustado ao primeiro pau, o porteiro rexeita o disparo que favorece a Marquitos para anotar no seu segundo intento.

7 - 2: Iván (min. 47), roubo de balón de Iván en tres cuartos de campo rival, encara o porteiro, éste tocan o balón no primeiro disparo, pero queda morto na área e Iván marca a porta baleira na sua segunda oportunidade.

Comezaba o partido co Numancia tomando a iniciativa no xogo o que lles permitiu adiantase no marcador aos poucos minutos do inicio (1 - 0). Os de Ares continuaron tendo a posesión do balón, pero sen chegar a concretar ocasións claras. Aos dez minutos de xogo un roubo de balón de Aarón no círculo central propicia o empate para os visitantes na primeira ocasión na que se achegaban á área local (1 - 1). Pouco despois Miguel Leira perdía o balón na frontal da área ante Aarón e o dianteiro visitante non desaproveitaba o regalo para adiantar ao seu equipo (1 - 2). Este gol fixo moito dano ao Numancia, quenes a medida que pasaban os minutos fóronse indo do partido. Os fallos defensivos dos de Ares propiciaron que o xogador naronés Aarón xogase prácticamente a pracer creando ocasións moi claras para o seu equipo. Afortunadamente para os intereses locais o balón non chegou a traspasar a liña de gol en ningunha delas, polo que nos fomos ao descanso cun inxusto resultado para os intereses visitantes de 1 - 2, despois dunha mala primeira metade dos aresanos.

Na segunda metade todo cambiou. Os de Ares saíron con outra mentalidade ao partido e pronto conseguiron o gol do empate cun disparo dende fóra da área de Aarón Valcarcel (2 - 2). Apenas uns minutos despois Aarón García sorprendía cun disparo dende tres cuartos de campo e adiantaba aos de Ares (3 - 2). Nos seguintes cinco minutos chegarían outros dous goles locais, ambos os dous de Marquitos. O primeiro despois dunha bonita xogada combinativa con David López e o segundo en xogada individual para poñer o (5 - 2).

O xogo dos de Ares no primeiro cuarto da segunda metade desbordou totalmente a un Narón que desaparecía do partido despois dunha magnifica primeira parte. A goleada dos de Ares remataríaa Marquitos co seu cuarto gol particular e que significaba o sexto para os de Ares. E no fío do asubío final, Iván en xogada persoal establecía o definitivo 7 - 2 co que se chegaba ao final do partido.

O próximo fin de semana o equipo benxamín do Numancia desplazarase ata Ferrol (A Gándara) para xogar co Racing San Pedro a setima xornada de competición.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 



Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.