BENXAMINS. XII TORNEO DE NADAL “C. F. RAYO SADENSE”

DANDO A CARA.

Chegaba o Numancia benxamín nunha mañanciña fría e soleada a Sada para disputar o Torneo de Nadal da Vila. Tan só 9 xogadores do plantel e o reforzo do prebenxamín Hugo Cartelle,….

 


o que agradecemos a súa axuda, pois por mor das vacacións e da gripe, non se poido contar con mais nenos. A súa condición de prebenxamín pasou desapercibida pois lidiou en incluso puxo en serios apuros a máis dun defensor dos equipos rivais, algúns 2 anos maiores ca él.

As Mariñas (Sada), 28 de decembro de 2014.

Na fase de grupos, o Numancia xogou dous partidos de 24 minutos, con dos tempos de 12 minutos cada un, foron os seguintes:

11:30.- LUIS CALVO, 1 – NUMANCIA, 1.

O primeiro partido foi contra o Luis Calvo, un dos equipos estrela das ligas coruñesas, o resultado foi de empate a un gol, ainda que os de Ares, mereceron por xogo algún gol maís, pero non se materializou no marcador. Equipo no que salientaba un dianteiro rubio, potente e rápido e unha rapaciña que se desmelenou en continuos regates contra os de Ares, ate que lle tomaron a medida, veloz e escurridiza, tiveron que empregarse a fondo para parala.

12:30.- RAYO SADENSE “B”, 0 – NUMANCIA, 1.

O segundo partido foi contra o Rayo Sadense “B”, o rival, todos nenos de 1º ano, e o que parecía que iba ser un paseo noso, (perderan 4 - 0 co noso anterior rival), acabou con 1 - 0 a favor do Numancia, ainda que non se pasaron apuros en defensa, os goles non chegaban, como debían, a tenor do xogo despregado. Os de Ares dominaron completamente, e notouse a superioridade física dos nosos nenos de 2º ano.

16:45.- NUMANCIA, 3 – RAYO SADENSE “A”, 2 (Semifinais)

A semifinal co Rayo Sadense “A”, todos nenos de 2º ano, empezou moi ben para o Numancia, pois tan pronto se iniciou o partido, un ataque fulgurante propiciado por Iván, moi enchufado, e combativo durante todo o día, puxo en vantaxe os de Ares. Ainda así, o Rayo Sadense foi quen de darlle a volta o marcador. O Numan sacou casta e empezou a atacar, e os de Sada sacudíanse en contraataques, que ven puideron matar o partido. Grazas aos erros dos sadenses, e as paradas de Miguel, fixeron que quedaran en nada. O final o Numancia logra empatar, e logo doutra xogada conseguen o 3 - 2 definitivo. Os cativos o celebraron por todo o alto, xa que este equipo parece ser que e moi competitivo, e o actual campeón da súa liga, o que acrecenta o valor deste triunfo. A parte negativa foi a merma física dos rapaces para afrontar a merecida final.

Neste partido se xogaron 2 tempos de 20 minutos, donde no medio campo, Joel, Aarón e Marcos, esforzaronse moitísimo para conter a levar o balón cara arriba.

17:30.- NUMANCIA, 0 – LUIS CALVO, 3 (Final)

Na final xogaronse tamén dous tempos de 20 minutos, sin apenas descanso. Foi unha final moi igualada, a pesar do marcador final. O Luis Calvo con quen se empatara na mañá, e un equipo moi combativo, e na final sin o Rayo Sadense “A” con quen contaba, fixo que se creceran.

O mesmo árbitro da semifinal, deixaba que o rival empregase a forza, o choque e as faltas, como algo que non se ve pola nosa liga, nesta categoría. Está ben sair da casa, e ver o que hai por ahí, equipos de renome, que lles vale todo con tal de gañar con 8 ou 9 anos.

O primer gol dos rivais, ven como consecuencia dunha falta a Carlos na medular, que se deixa de pitar, e propicia o contraataque, e o gol, nun máis que posible fora de xogo. Carlos quedaría mancado, e non volvería a xogar en toda a final, á que lle quedaba un pouco do primero tempo e todo o segundo.

Noutra xogada, una xogadora contraria, nunha disputa con porteiro numantino Miguel, deixa os tacos no peito déste, que queda imposibilitado uns minutos. Miguel Leira saiu mancado dúas ou tres veces, pero o nervio lle fixo volver a sair, un toro. Co paso do tempo e as forzas fraqueando, e indo o Numan a polo partido, veu o segundo gol dos coruñeses, que mataban a final, o terceiro e definitivo tanto chegaría no desconto.

Magoa de non contar con algún outro efectivo para ter máis forza para este partido. Pero bueno a pesar da tristura da derrota, todo pasa cando se recolle un trofeo merecido, e se piden fotos do equipo, !!! e do equipo cos país !!!, por parte dun periódico deportivo. A compralo.... dxt

Hoxe os nenos aprenderon que hai "outras" maneiras de xogar o fútbol. Pero non sei ata que punto en esta edad e convinte.

En definitiva moi ben todos: Miguel Iglesias, Aarón Valcarcel, Joel, Carlos, Brais, Marcos Rey, Marcos Margharetto, Hugo, Iván e Miguel Leira.

Agradecer ao Rayo Sadense a invitación ao Torneo; así como felicitalos pola gran organización. ¡¡¡Ata á próxima¡¡¡

O Numancia benxamín colle vacacións. O fin de semana do 16 – 17 de xaneiro reanúdase á Liga onde os benxamíns recibirán ao Cedeira “B” en Prados Vellos.

Dende a familia do Numancia benxamín:

¡¡¡FELIZ ANO 2015 A TOD@S¡¡¡



 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.