Inicio Noticias Benxamíns BENXAMINS: ANIMAS, 0 – NUMANCIA, 1.
 
 

BENXAMINS: ANIMAS, 0 – NUMANCIA, 1.

VITORIA BALSÁMICA

Partido correspondente á 3ª xornada da 2ª fase da liga local benxamín no seu grupo 2º, disputado no serán do venres en A Gándara entre Ánimas e Numancia que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso o resultado era de 0 - 0.

 


Ferrol 19 de decembro de 2014.

FICHA TECNICA

ANIMAS: Joel, Daniel (C), Pablo Santana, Jairo, Álvaro, Iván, Cristian e Marko. Tamén xogaron Kevin, Andrea, Carlos e Pablo Gundín.

Adestrador: Juan Domínguez Senade.

Delegado: Alberto Vázquez Losada.

NUMANCIA: Miguel Iglesias (C), Carlos, Iván, Aarón García, Joel, Marquitos, Aarón Valcarcel e Marcos Rey. Tamén xogaron Brais, Axel e Miguel Leira.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

Delegado: Javier Lemos Margharetto.

ARBITRO: Alejandro Méndez Bouza. Sen incidencias.

GOLES: Joel (min. 41)

Partido importante o que disputaba o Numancia a domicilio na Gándara ante o Animas para intentar romper a racha de dúas derrotas.

Bo comezo dun partido disputado no que os visitantes dispuxeron das primeiras ocasións do encontro.

Aos dez minutos do inicio tivo que pararse o encontro debido a un apagamento de luz. Na reanudación sería máis do mesmo, chegadas do Numancia, con algunha que outra ocasión do Ánimas, pero que ningún dos dous equipos concretaría, polo que nos iríamos ao descaso con empate a 0 - 0.

Na segunda parte os de Ares faríanse co dominio do encontro. Con grande esforzo e interese os numantinos obterían o premio do gol a nove minutos do final o que lles supoñería os seus tres primeiros puntos desta segunda volta da liga.

Importante e balsámica vitoria para o equipo aresano despois do mal comezo desta segunda fase da liga na que os de Prados Vellos caían derrotados nas dúas primeiras xornadas. Confiemos que estes tres puntos e as vacacións de Nadal dean a confinaza suficiente para afrontar con máis moral o que resta de temporada.

O equipo benxamín do Numancia retomará a competición oficial o próximo 17 de xaneiro, xornada na que os de Ares recibirán en Prados Vellos a vista do Cedeira"B".

Dende a ADR Numancia de Ares desexámoslle a toda a familia numantina unhas Felices Festas e un Prospero Año2015.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.



Benxamíns: Ánimas - Numancia (19/12/2014)Benxamíns: Animas - Numancia. Apagón na Gándara (19/12/2014)

 

 

 

 

 

 

Numancia de Ares. Felices Festas.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.