Inicio Noticias Benxamíns BENXAMINS. NUMANCIA, 4 – G. CARANZA “D”, 5.
 
 

BENXAMINS. NUMANCIA, 4 – G. CARANZA “D”, 5.

A FALTA DE GOL E O MAL TRABALLO DEFENSIVO CONDENA AOS DE ARES.

Partido correspondente á 2ª xornada da 2ª fase da liga local benxamín no seu grupo 2º, disputado na maña do sábado en Prados Vellos entre Numancia e G. de Caranza “D” que finalizou coa vitoria dos visitantes. Ao descanso o resultado era de 0 - 3. 


Ares 13 de decembro de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Miguel Iglesias, Iván, Brais, Aarón, Marcos, Axel, Miguel Leira (C) e Joel. Tamén xogaron David e Marcos Rey.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

Delegado: Antonio Lemos Margharetto.

G. CARANZA “D”: Iker, Nicolás, Adrián Martínez (C), Martín, Diego, Alejandro, Ismael e Marcos. Tamén xogaron Iker Hermida, Gael, Pedro Gonzalo e Adrián Bello.

Adestrador: Rogelio Rey Abad.

Delegado: José M. Freire Llago.

ARBITRO: Roberto Díaz Cruz. Sen incidencias.

GOLES:

0 - 1: Adrián (min. 6), balón que chega ao área numantina, os de Ares non son quen de despexar o balón que chega a Adrián para marcar sen oposición.

0 - 2: Nicolás (min. 7), disparo desde fóra do área de Nicolás que se coa pegado ao pau.

0 - 3: Nicolás (min. 21), mal despexe da defensa local, o balón chega a Nicolás quen marca de disparo raso.

1 - 3: Miguel Leira (min. 27), saque de esquina que remata Miguel dentro da área pequena.

2 - 3: Joel (min. 30), saque de esquina sobre Joel quen de disparo afastado bate ao porteiro por arriba.

2 - 4: Gonzalo (min. 31), centro chut que toca nun defensor local, o balón sae envenenado, o porteiro local non e quen de detelo e chegalle a Gonzalo para marcar a porta baleira.

2 - 5: Alejandro (min. 33), disparo que rexeita o porteiro local, o rexeite chega a Alejandro quen eleva o balón por encima do porteiro.

3 - 5: Aarón (min. 47), Aarón de libre directo.

4 - 5: Iván (min. 49), pase en longo de Miguel Leira para a carreira de Iván que pica o balón por encima do porteiro. 

O partido xa comezaba accidentado para os de Ares. Antes do seu comezo lesionabase o xogador local David Vilasánchez, polo que no puido participar no encontro. Dende aqui mandamoslle un forte abrazo e desexamoslle unha pronta recuperación. ¡¡¡¡Ánimo David!!!!.

Primeira metade foi de claro dominio local e na que crearon moitas ocasións de gol. Pero a falta de acerto dos dianteiros, as boas intervencións do porteiro e a ben plantada defensa do Caranza realizando un gran traballo evitaron que se materializasen as ocasións locais. Pola contra no Caranza eficacia cento por cento, tres chegadas á meta, tres goles. Co resultado de 0 - 3 chegábase ao descanso. Un resultado quizais algo inxusto aos visto nos primeiros 25 minutos, pero, goles son amores.

Comezaba a segunda metade e nos primeiros minutos os de Ares metíanse no partido cos goles que Miguel Leira e de Joel poñendo o marcador en 2 - 3. Pero pouco duraría a alegría numantina, porque case de seguido Gonzalo e Alejandro marcaban para os visitantes, contrarrestando os goles locais, e volvendo coller o Caranza tres goles de vantaxe. Neste segundo tempo sucedeu máis dos mesmo, falta de gol e nefasta labor defensiva dos locais, contra, o acerto e o gran traballo defensivo visitante.

Nos minutos finais os de Ares lograron apertar o marcador a un 4 - 5, grazas aos goles de Aarón e Iván, pero o reloxo xa non deu para máis. Finalmente con emoción e resultado apertado os tres puntos viaxaron cara a Ferrol.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 



 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.