BENXAMINS. CEDEIRA, 2 – NUMANCIA, 6.

REMATAN A 1ª FASE CON VITORIA.


Partido correspondente a última xornada da Fase Previa benxamín grupo 1 disputado na maña de sábado no campo de O Beco e que rematou con victoria dos aresáns. Ao descanso o resultado era de 1 – 3.


Cedeira 15 de novembro de 2014


FICHA TÉCNICA:


CEDEIRA: Jorge, Manuel, Lucia, Ángel, David, Adrián, Álvaro (C) e Iago. Tamén xogaron Lois, Antonio e Antón.


Delegado: Iago García García.


NUMANCIA: Miguel Iglesias, Brais, Marquitos, Aarón Valcarcel, David, Joel, Iván e Miguel Leira. Tamén xogaron Marcos Varela, Marcos Rey, Aarón García e Axel.


Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.


2º adestrador: Javier Lemos Margharetto.


Delegado: Antonio Lemos Margharetto.


COLEXIADO: D. Víctor García Villaverde. Sen incidencias.


GOLES:


Cedeira: Antón e Antonio.


Numancia: Aarón Valcarcel (2), Aarón García, David, Miguel Leira e Marquitos.


Tocoulle madrugar aos benxamíns do Numancia na maña do sábado, e logo de afrontar o longo viaxe chegaban a Cedeira para disputar o último partido da Fase Previa no campo de O Beco fronte o equipo local, partido que os de Ares solventaron sin moitos atrancos.


Aos cinco minutos da primeira parte adiantábase o Numancia por medio de Aarón Valcarcel. Apenas uns minutos despois Aarón, pero nesta ocasión García, anotaba o 0 – 2. Metiase no partido o Cedeira mediada a primeira metade por medio de Antón quen poñía o 1 – 2 apretando o marcador. Antes do descanso David marcaba un novo gol para os de Ares para establecer o 1 – 3 co que se chegaba ao intermedio.


Despois da reanudación os de Ares poñían terra de por medio cun gol de Miguel Leira e o segundo de Aarón Valcarcel. No 43´ Marquitos marcaba o 1 - 6, e sobre o asubío final Antonio establecía o definitivo 2 - 6 co que se chegaba ao final do partido.


Con esta vitoria o Numancia benxamín remata a Fase prevía da liga na terceira posición da tabla clasificatoria.


A segunda fase da liga benxamín comeza o 7 de decembro, nos próximos días a Delegación ferrolá da Federación Galega de Fútbol facilitará o calendario, o cal una vez dispoñamos del publicarémolo na web.


Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.


 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.