Inicio Noticias Benxamíns BENXAMINS. O FREIXO "B", 5 - NUMANCIA, 4.
 
 

BENXAMINS. O FREIXO "B", 5 - NUMANCIA, 4.

A CALIDADE SUPEROU AO FÍSICO

Partido correspondente a 4ª jornada da Fase Previa Benxamín grupo 1 disputado na mañá do sábado no campo de fútbol de Rio Seco en Narón ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Narón, 11 de outubro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

SDC O FREIXO "B": Adrián, Bruno, Hugo (C), Sergio, Manuel, Gabriel, Iván e Borja. Tamén xogaron: Raúl, Adri e Bruno.

Adestrador: Emilio Prados Astigarrabia.

Delegado: Iván Salgueiro Saavedra.

NUMANCIA: Miguel Iglesias, Aarón (C), Marcos Rey, Carlos, David Vilasánchez, Marcos Margharetto, Miguel e Iván. Tamén xogaron: Brais, Axel e David López.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

2º Adestrador: Javier Lemos Margharetto.

Delegado: Antonio Lemos Margharetto.

COLEXIADO: D. Roberto Landrove Sande. Sen incidencias.

GOLES:

O Freixo "B": Sergio (2), Hugo, Manuel e Bruno.

Numancia: David, Aarón, Marcos Rey e Miguel Leira.

CRÓNICA:

O Freixo "B" un equipo de primeiro ano que xogou o campeonato provincial en prebenxamíns a pasada temporada e o Numancia un equipo prácticamente de segundo ano disputaban un bo partido na mañá do sábado no marco incomparable do campo de céspede natural de Rio Seco en Narón.

Vimos un partido onde os locais levaban a iniciativa e tiñan mais posesión do balón, namentras que os numantinos defendían con orde e armaban rápidas xogadas de contraataque. Marcos conseguía o 1 - 0 para os locais David Vilasánchez de potente disparo establecía o 1 - 1 para o Numancia , resultado co que se chegaba ao descanso.

Na segunda metade os naroneses escapáronse no resultado sendo superiores e chegando a ter un 4 - 1 favorable. Os numantinos reaccionaron e os goles de Aarón e Miguel Leira establecían o 4 - 3 a falta de 10 minutos. Nos instantes finales chegaba o 5 - 3 para os locais e o 5 - 4 definitivo obra de Marquitos.

En resumo, bonito e aberto partido o que ofreceron estos dous equipos. Os mais pequenos venceron os mais grandes amosando que non sempre triunfa o físico nestas categorías.

Despois desta xornada os numantinos complícanse a clasificación para o grupo 1 onde estarán os mellores da categoría. Terán unha boa ocasión de resarcirse desta derrota a próxima fin de semana en Prados Vellos ante o Xuventude de Cabañas. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

PICA AQUÍ para ver os resultados da xornada e a clasificación xeral.

Disfrutade da reporxe gráfica facilitada por José Manuel Leira e Domingo García.


 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.