BENXAMÍNS. G. CARANZA "D", 1 - NUMANCIA, 3.
POÑENDO A MAQUINARIA A PUNTO.
Partido correspondente á 2ª xornada de Liga benxamín na súa 1ª Fase disputado na tarde do venres nas instalacións de Caranza.
Ferrol 26 de setembro de 2014
FICHA TECNICA:
GALICIA DE CARANZA “D”: Jorge, Adrián Martínez, Iker, Martín, Diego, Gael, Pedro e Gonzalo. Tamén xogaron Alejandro (C), Ismael, Pablo, Raúl, Marcos e Adrián Bello.
Adestrador: Rogelio Rey Abad.
Delegado: José Manuel Freire Llago.
NUMANCIA: Miguel, Carlos (C), Iván, Brais, Aaron, Marquitos, Davicito e Marcos Rey. Tamén xogaron Miguel Leira e os prebenxamíns Luís e Axel.
Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.
2º adestrador: Javier Lemos Margharetto.
Delegado: Antonio Lemos Margharetto.
ARBITRO: Miguel Ángel Pena Landeira. Sen incidencias.
GOLES:
G. Caranza “D”: Adrián Martínez (40´).
Numancia: Marquitos (5´), Aarón (18´) e Iván (36´).
Partido no que a diferenza de idade marcou o transcurso do xogo. A "veteranía" do equipo numantino propicio que os de Ares dominaran con certa facilidade un encontro no que levaron o peso do partido, pero no que estiveron pouco acertados de cara a portaría. Ao descaso o marcador era de 0 - 2.
Na reanudación, Iván poñía o 0 - 3, e pouco antes do final Adrián Martínez marcaba o gol dos ferrolanos que establecía o 1 - 3 definitivo.
Destacar deste partido o debut de dous novos xogadores no equipo aresan. Por un lado a volta de Aarón, quen volvía calzarse a botas despois dun ano retirado dos terreos de xogo. E por outro lado a incorporación de Miguel Leira procedente do Racing de Ferrol. Benvidos ao Numancia, onde esperamos e desexamos que disfrutedes do fútbol connosco.
PICA AQUI para ver os resultados da xornada e a clasificación.