BENXAMINS. NUMANCIA, 1 – EUME, 5.

IMPÚXOSE O FÍSICO.

Partido correspondente á primeira xornada de liga benxamín na súa 1ª fase, grupo 1º, disputado na mañan de sábado en Prados Vellos entre o Numancia e o Eume, que finalizou con vitoria visitante. Ao descanso o resultado era de 0 - 3.
 


Ares 20 de setembro de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Miguel, Axel, Brais, David Vilasánchez, Iván, Carlos, Marcos Margharetto, e Marcos Rey (C). Tamén xogaron David López e os prebenxamíns Lucas e Hugo.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

Delegado: Antonio Lemos Margharetto.

EUME: Karlos, Yago, Brais, Cao, Marcos, Sixto, Sergio e Iker. Tamén xogaron Ainhoa, Lucas Alain e Hugo.

Delegado: Juan José Fuentes Tenreiro.

ARBITRO: José Luís Corral Franco. Sen incidencias.

GOLES:

0 - 1: SERGIO (min. 3), perda de balón dos de Ares na frontal que recupera Sergio para encarar o porteiro e batelo por abaixo.

0 - 2: ALAIN (min. 24), córner que bota o Eume, despois de varios disparos e rexeitamentos finalmente Alain marca de disparo axustado á base do pau.

0 - 3: LUCAS (min. 27), disparo dende fóra da área que se estrela na base do pau, o rexeitamento envíao ao fondo a rede Lucas en claro fóra de xogo. Este gol foi moi protestado pola parroquia local ao dalo por bo o arbitro na crenza de que no primeiro disparo o balón rebotara no arco do fondo da rede. Claro erro arbitral;… anécdotas do fútbol.

0 - 4: SERGIO (min. 27), roubo de balón de Sergio na frontal da área que encara a Miguel e bateo de disparo raso.

1 - 4: MARCOS MARGHARETTO (min 37), de libre directo.

1 - 5: SERGIO (min. 41), disparo dende fóra da área que rexeita o porteiro local, do rexeitamento aprovéitase Sergio para marcar porta baleira.

Na mañá do sábado debutaban en Prados Vellos os benxamíns 2014-15 ante o Eume Deportivo. Os de Ares non puideron estrearse ante a súa afección cunha vitoria, pero iso queda en segundo plano despois de dar a cara e con valentía ante un Eume de segundo ano e físicamente superior.

O partido tivo máis igualdade da que a priori indica o marcador e no que os de Ares dispuxeron de ocasións que non aproveitaron ante un Eume que de cara a porta foi letal e non perdoou as súas. Moita vontade e esforzo por parte dos locais, que de mantelas a bo seguro lles chegasen as vitorias.
 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.