Inicio Noticias Benxamíns SEMANA DEPORTIVA “AMISTADE MEIRÁS”
 
 

SEMANA DEPORTIVA “AMISTADE MEIRÁS”

S.D.R. Numancia de Ares. Tempada 2008-2009. Categoría Benjamín. torneo Amistade Meirás.Desde o xoves 25 ata o domingo, 28 de xuño celebrouse no campo de Atios, en Valdoviño, unha edición máis deste torneo de fútbol base que reuniu a oito equipos benxamíns e outros tantos alevíns.

29 de xuño, Eloy.

A nosa entidade participou na categoría benxamín, defendendo o título conseguido na edición do 2008, desprazándose os seguintes xogadores: Adrián Aneiros, Fran, Adrián Garcia, Carlos, Marcos, Haakon, Alex, Axel, Antón, Pablo, Alexis, Fernando, Luis e Antonio.

Na primeira fase do torneo disputaron tres partidos cos seguintes resultados:

San Sadurniño, 2 – Numancia, 5. Os goles foron conseguidos por Antón (2), Carlos, Axel e Pablo.

Roiba, 3 – Numancia, 8, con goles de Antón(3), Carlos(2), Axel(2) e Alexis.
 
Ortigueira, 4 – Numancia, 3. Os goles foron de Antón, Axel e Carlos.
 Con estes resultados acadaron a segunda praza no grupo que lles daba o pase a semifinais, onde debían enfrontarse ao equipo anfitrión, o A. Meirás.

Semifinal: A. Meiras 4 - Numancia., 4
Goles: Anton(3) e Axel. O empate final conduciu aos lanzamentos de penalti que nos darían o pase á final. Lanzaron polo Numancia: Axel (gol), Antonio (fóra) e Antón (gol). Como porteiro actuaría Fernando quen detivo o segundo lanzamento do A. Meirás, quen xa lanzara fóra o primeiro. Así pois, 2 a 1 nos penaltis: a final esperaba na tarde do domingo.
  
Final: Ortigueira 5 – Numancia, 2
Goles: Anton e Axel.
Despois de ir gañando por 2 – 1 durante todo o partido e a falta de seis minutos para o final, o coxunto do Ortigueira remontou nun final espectacular e cando os nosos benxamíns acusaron a fatiga de tantos partidos seguidos.

Só queda felicitar ao Ortigueira polo título conseguido e ao A. Meirás pola súa invitación a este excelente torneo. Felicitar tamén ás nais/pais de todos os xogadores que estiveron aí toda a fin de semana e, por suposto, aos nenos que se entregaron para chegar á final.

Tamén quero lembrar a Axel e Haakon e á súa familia. Despois de tres anos en Ares nos que se integraron totalmente coas nosas familias, chégalles o momento do traslado. Sorte para eles na nova traxectoria e oxalá que nos volvamos a ver.

Grazas a todos.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.