BENXAMINS. NUMANCIA, 7 - PORTUARIOS "B", 2.

MANTENSE A BOA DINÁMICA

Partido correspondente a 15ª xornada de liga benxamín disputado na tarde do venres nas instalacións de Prados Vellos, e que finalizou con vitoria local por 7 - 2. Ao descanso o resultado era de 2 - 1.

 

Ares, 14 de marzo de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Martina, Chechu (C), Carlos, Manu, Iván, Oscar, Lucas e Marcos Rey. Tamén xogaron Jaime, Marcos, Telmo, Miguel e Raúl.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.

PORTUARIOS “B”: Iker, Bachir, Antón, Fonso, Isra, Tomi, Sergio e Jandro. Tamén xogaron Manu (C), Diego e Alejandra.

Adestrador: Manuel A. Cheda Rodríguez.

Delegado: Jaime F. García Goday.

ARBITRO: Tomás Lorenzo Castro. Sen incidencias.

GOLES:

Numancia: Manu (2), Jaime (2), Óscar, Chechu e Lucas.

Portuarios “B”: Jandro e Antón.

 



Comezo dubitativo do conxunto aresano nos primeiros compases do partido. Houbo varios achegamentos ás áreas por parte dos dous equipos, pero sería o conxunto aresano o que estaría máis acertado, cando Óscar, aos nove minutos, de xogada persoal adiantaba os de Ares no marcador. Puido empatar o conxunto de Ferrol Vello pouco despois, pero o disparo de Jandro estrelábase no longueiro. A medida que avanzaba o partido o conxunto local foi tomando a iniciativa do xogo, e a crear claras ocasións, pero os dianteiros aresanos estiveron faltos de puntaría. Si acertarían entre os tres paus no minuto 20, despois dun balón en profundidade de Carlos sobre Jaime quen dispara a porta rexeitando o porteiro, o rexeitamento volve a Jaime quen no seu segundo intento non falla, establecendo o 2 - 0. Antes da conclusión da primeira parte, perda de balón dos de Ares próxima á área, Jandro faise con él, intérnase ata a área pequena e marca de disparo cruzado para poñer o 2 - 1. Con este resultado marchábamos ao descanso.

Comezaba a segunda metade con ritmo rápido, e as espadas en todo o alto froito do axustado do marcador. O ritmo neste segundo período foi frenético e apenas houbo tempo para a relaxación. O conxunto local comezou a exercer unha forte presión en todo o campo e no minuto 32 obtiñan o premio ao roubar Iván un balón na área visitante, dispara a porta rexeitando o porteiro, o rexeitamento chega a Óscar que abre atrás para a entrada de Manu que marca de forte disparo dende a frontal. Tres minutos despois Chechu sorprende cun forte disparo dende case o centro do campo para poñer o 4 - 1. En plena euforia goleadora local, novamente Manu, a continuación Lucas e posteriormente Jaime facían subir tres novo goles o marcador numantino. Os ferrolanos malia a goleada non baixaron os brazos e antes do final obtiveron o premio ao seu esforzo, unha xogada persoal por banda de Bachir que puxo un pase medido para Antón, quen deixaba o marcador no definitivo 7 - 2 final.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.