Inicio Noticias Benxamíns BENXAMINS. EUME "B", 3 - NUMANCIA, 5.
 
 

BENXAMINS. EUME "B", 3 - NUMANCIA, 5.

EN BOA PROGRESIÓN

Partido correspondente á 4ª xornada da segunda fase benxamín disputado na tarde do pasado venres na Gándara Eumesa entre Eume "B" e Numancia con vitoria aresana por 3 - 5. Ao descanso o marcador reflectía o resultado de 1 - 3.

 



Pontedeume 13 de decembro de 2013

FICHA TÉCNICA

EUME “B”: Iago, Marcos, Sixto, Antón, Alain, Hugo, Lucas e Brais (C). Tamén xogaron Santiago, Iker, Ainhoa, Xoan, Xurxo e Pedro.

Adestrador: Carlos Carro Fernández.

Delegado: Antonio López González.

NUMANCIA: Martina, Chechu, Carlos, Iván, Jaime, Óscar, Miguel, Lucas e Marcos Rey (C). Tamén xogaron Manu, Marquitos, Telmo e Raúl.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.

ARBITRO: Raúl Acebo Bustabad.

GOLES: Brais (2) e Sixto para o Eume “B”. Oscar (3) e Lucas (2) para o Numancia.Os benxamíns celebrando un gol.

Empezou o partido no medio dunha densa neboa, que cubría soamente uns poucos metros de altura, e que fixo que os xogadores do Numancia aparecesen coma espectros, que rápidamente encaraban o área rival, unha e outra vez. Os primeiros minutos no foron moi decisivos, quizáis porque os propios aresáns, non eran capaces de verse uns os outros no medio da neboa. Pero pouco a pouco foron chegando os goles, fruto das continuas chegadas o frontal do área eumesa, e o partido púxose cun claro 0 - 3, non pasando os de Ares ningún apuro en defensa. Chegado ese momento, empezou a relaxación habitual, non se seguiron as marcas como e debido, e os cambios nos dous equipos fixeron que os despistes se acumularan. O habitual nestes partidos, fruto de iso, chegou o primer gol dos eumeses, nun balón que a zaga numantina no foi quen a despexa. E logo nun balón fruto dunha falta, o Eume conseguiu marcar o seu segundo gol que apretaba o marcador, o libre indirecto entrou sin que o porteiro aresán puidera facer nada. Pero ainda así era o Numancia o verdadeiro dono do partido, pois Lucas era o xogador que dominaba o centro do campo, e Oscar chegaba unha e outra vez con peligro, ainda que iso sí, a xogada moitas veces non acababa en gol. Pero tanto se insistiu, con Iván e Marcos Margharetto loitando moito na dianteira, presionando a saida do balón eumés, e incluso as chegadas dos defensas que se atreveron con tiros a porta, por medio de Carlos e Marcos Rey, e sobre todo, tanto os tiros de Lucas, ou Oscar, que conseguiron entrar e deixar o marcador nun 3 - 5, resultado que se antoxa algo insuficiente para o dominio que mostrou o Numancia neste encontró.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.