Inicio Noticias Benxamíns BENXAMINS. CARIÑO, 4 - NUMANCIA, 6.
 
 

BENXAMINS. CARIÑO, 4 - NUMANCIA, 6.

GRAN REMONTADA

Partido benxamín intenso e de moitos goles o disputado o pasado sábado entre o Cariño e o Numancia que finalmente se saldou coa vitoria destes últimos. Ao descanso o marcador reflectía un resultado de 3 - 1.

 

Cariño, 9 de novembro do 2013

ALIÑACIONS:

CARIÑO: Daniel (C), Jaider, Mario, Sergio, Manuel, Martín, Adrián e Raúl. Tamén xogaron Hugo, Cristian e Ania.

Adestrador: José L. Corral Alonso.

Delegado: María Corral Piñon.

NUMANCIA: Miguel Iglesias, Chechu, Jaime (C), Marquitos, Oscar, Raúl, Lucas e Marcos Rey. Tamén xogaron Carlos, Manu e Miguel Martínez.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.

Delegado: Francisco M. Iglesias Pena.

COLEXIADO: Jeisson A. Aguado Castaño. Sen incidencias.

GOLES: Adrián (2), Raúl e Ania para o Cariño; polo Numancia marcaron Lucas (2), Oscar (2), Marquitos e Jaime.

Tocou madruga o pasado sábado ao equipo benxamín do Numancia, había que desprazarse ata Cariño, onde ás 10:30 h se enfrontaban no Municipal ao equipo local. Corenta minutos antes do choque aterraban os nosos benxamíns en terras orteganas para realizar un quentamento intenso e desperezarse da madruga e da longa viaxe.

Saíron os de Ares totalmente despexados ao terreo de xogo, e súas foron as primeiras ocasións claras, pero os numantinos non as aproveitaron. Non lle aconteceu iso ao conxunto local, e en apenas dous minutos, Adrián se acertou coa porta dos de Ares por dúas veces consecutivas. Aos dez minutos de xogo, Raúl cun novo gol establecía o 3 - 0. Con este resultado o partido poñíase moi costa arriba para os intereses do Numancia. No minuto 15, Lucas aproveitaba un pase de Marquitos e recortaba distancias poñendo o 3 – 1, resultado co que marcharíamos ao descanso.

Na segunda metade o Numancia aumentou a intensidade no seu xogo, e nos primeiros dez minutos conseguiu igualar o partido. Primeiro Marquitos no minuto 32, a pase de Oscar consegue o 3 - 2. E catro minutos despois Lucas de libre directo dende tres cuartos de campo establece a igualada, 3 - 3. Pouco duraría a alegría visitante posto que Ania volvía adiantar ao Cariño no minuto 38, 4 -3.

Nos minutos seguintes o gol do Cariño os de Ares volveron tomar a iniciativa, e en plena reacción visitante e envorcados en ataque, falta ao bordo da área que transforma Lucas volvendo as táboas ao marcador, 4 - 4. Sen apenas tempo para respirar, pois todo sucedeu en apenas uns minutos, e todavía coa alegría do gol do empate chegarían dous novos goles, que ao cabo lle darían a vitoria ao conxunto aresano. Saque do centro do campo e presión do conxunto visitante que propicia o roubo do balón que os aresanos colocan ás costas da defensa local sobre Oscar para marcar o 4 - 5. De novo saque do centro do campo, e nova presión exercida polos numantinos sobre o conxunto local que xera un saque de esquina. Os aresanos botan o córner e Jaime establece o 4 - 6 definitivo

Dende a administración da web queremos agradecer a ANITA a sua aportación grafica do partido.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.