BENXAMINS. NUMANCIA, 7 - G. CARANZA "C", 1.
VITORIA CÓMODA DOS DE ARES.
Bo partido do conxunto aresano no que mantivo o control do xogo en todo momento, pero que non comezou a materializarse ata ben avanzada a segunda metade.
Ares 2 de novembro de 2013
ALIÑACIONS
NUMANCIA: Miguel, Marcos Rey, Manu (C), Chechu, Marcos Margharetto, Oscar, Raúl e Lucas. Tamén xogaron: Martina, Jaime, Telmo, Zoel e David.
Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.
Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.
G. CARANZA “C”: Aarón (C), Álvaro, Adrián Novo, Marcos, Yeray, Martín, Samuel e Carlos. Tamén xogaron: Adrián Carro, Sergio, Alicia e Bruno.
Adestrador: Alberto Rodríguez Gómez.
Delegado: Javier Pérez Pérez.
ARBITRO: Juan Jesús Espiñeira Vara.
GOLES:
1 - 0: min. 6, balón en longo por banda dereita sobre Oscar, intérnase polo lateral da área e marca de disparo cruzado.
2 - 0: min 24, presión dos locais en tres cuartos de campo visitante que propicia o roubo do balón que chega a Lucas, dispara e rexeita o porteiro, o balón chega de novo a Lucas que non falla no seu segundo disparo.
3 - 0: min. 30, saque de esquina e sensacional remate de volea de Jaime segundo lle cae e que pon fóra do alcance do porteiro.
3 - 1: min. 37, saque de esquina en curto do Caranza que colgan á área, despois de varios remates e rexeitamentos, o balón chega a Martín que libre de marca envía ao fondo da rede.
4 - 1: min. 38, cambio de xogo de Manu sobre Oscar que gaña as costas dos defensas, o dianteiro aresano encara portaría e marca de disparo a media altura.
5 - 1: min. 39, saque de banda sobre Oscar que prolonga de cabeza a Lucas, éste remata segundo lle cae e o balón se coa pegado ao pau.
6 - 1: min. 41, bonita xogada de combinación dos de Ares no centro do campo, o balón chega a Marcos, regatea a dous defensas e pon o balón en profundidade sobre Oscar que remata dende o bordo da área.
7 - 1: min. 49, Telmo dende fóra da área de disparo raso ao aproveitar un rexeitamento da defensa local.
Primeira metade cuns primeiros dez minutos de igualdade para ir decantándose o partido do lado dos de Ares a medida que avanzaba o reloxo. Malia ter o Numancia a posesión da pelota e o control do partido, aos de Ares faltáballes soltura nas chegadas á área, sendo poucas as ocasións na que chegaron con clara vantaxe. Dous goles neste primeiro período foi a renda final que obtiveron os aresáns antes do descanso.
Nos inicios da primeira metade houbo igualdade, pero a maior pegada dos de Ares no último tramo de partido no que comezaron a chegar os goles decantou claramente o partido no seu favor.