Inicio Noticias Benxamíns BENXAMINS. NUMANCIA, 3 - PORTUARIOS, 3.
 
 

BENXAMINS. NUMANCIA, 3 - PORTUARIOS, 3.

PARTIDO TOLO

Partido no que aos de Ares faltoulles algo de chispa, pero malia eso calquera dos dous equipos puido levarse a vitoria.

 


Ares 4 de outubro de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Miguel Martínez, Carlos, Manu, Marcos Margharetto, Marcos Rey, Martín, Óscar e Chechu. Tamén xogaron Diego, Jaime, Lucas, Miguel Iglesias (C), Raúl e Zoel.

Delegado: Daniel Iglesias Montero.

PORTUARIOS: Iker, Brais, Aarón (C), Andrés, Canosa, Adrián, Diego e Yeray. Tamén xogaron Manuel, Asier e David.

Adestrador: Fernando Piñeiro Balado.

Delegado: Álvaro Martínez Salgueiro.

ARBITRO: Víctor M. García Villaverde.

GOLES:

0 - 1: min. 5, saque de esquina que Aarón envía ao fondo da rede.

1 - 1: min. 13, saque do porteiro visitante que se queda curto, Óscar está máis rápido que os defensas, consegue facerse co balón e encara portaría para de forte disparo a media altura dende dentro da área empatar o partido.

2 - 1: min. 15, disparo bombeado de Lucas dende o círculo central que o porteiro ferrolano non atalla, Marcos Margharetto entrando dende atrás adiántase ao os defensas e marca a porta baleira.

2 - 2: min. 38, disparo a porta que rexeita o porteiro local, o rexeitamento é aproveitado por Adrián para marcar a porta baleira.

3 - 2: min. 40, xogada por banda dereita do Numancia con centro á área e disparo de Lucas que é detido coa man por un defensa local, o árbitro decreta a pena máxima e Óscar marca para o Numancia.

3 - 3: min. 48, Canosa de libre directo.

 

 

Primeiro cuarto de hora de partido nos que o Numancia non deu entrado en xogo ante un Portuarios que era o que tiña a posesión, permitíndolles adiantarse no marcador á saída dun córner. Malia o dominio visitante os de Ares non pasaron excesivos apuros, defendendo ordenadamente en defensa. Aos quince minutos de xogo Óscar despois de estar máis rápido que os defensas conseguía empatar para os de Ares. O gol levantou os ánimos locais, e cinco minutos despois dábanlle a volta ao marcador. Pero os do Portuarios malia o revés, pois eles foran os que levaran a voz cantante no xogo, non botaron a toalla e volveron tomar as rendas, e a xerar as ocasións. A máis clara delas foi un disparo ao longueiro de Brais despois dun lanzamento de libre directo. Finalmente chegaríase ao descanso coa vitoria parcial dos de Ares por 2 - 1.

Na reanudación os de Ares volvían ter problemas, especialmente nas saídas do balón dende atrás, creando nalgunhas ocasións eles mesmos o perigo na súa propia porta. Menos mal que un inspirado Miguel Iglesias, con intervencións de moito merito, conseguía salvar os mobles ao seu equipo. Non obstante, no minuto 38, non conseguiría atallar un forte disparo dende fóra da área despois dunha gran parada, e Adrián aproveitaba o rexeitamento para empatar para os de Ferrol Vello, 2 - 2. Dous minutos despois os de Ares volvían adiantarse, tras transformar Óscar unha pena máxima. Darían a réplica os ferrolanos cun disparo ao longueiro. E posteriormente Canosa de libre directo volvía empatar o partido, 3 - 3. Os últimos minutos do encontro foron de claro dominio local. Os de Ares dispuxeron de boas ocasións, a máis clara un disparo de Lucas ao pau. Destacar as boas intervencións do meta do Portuarios que impediron nestes minutos finais que os tres puntos quedaran en Prados Vellos.

En resumo partido tolo, onde un Portuarios ben armado e ordenado levou o peso do xogo durante moitos minutos, ante un Numancia que xogou a refachos pero que aproveitou as súas ocasións e levou de remolque no marcador aos de Ferrol Vello.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.