Inicio Noticias Benxamíns BENXAMÍNS. NUMANCIA, 6 - CEBARCA, 5.
 
 

BENXAMÍNS. NUMANCIA, 6 - CEBARCA, 5.

VITORIA SUFRIDA

Partido correspondente a vixésimo primeira xornada de liga local benxamín no seu grupo segundo, disputado en Ares entre os equipos do Numancia e Cebarca e que rematou con vitoria local por 6 – 5. A o descanso o resultado era de 4 – 2.


Prados Vellos 1 de maio de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Miguel, Sergio Pena, Lucas, Diego, Pablo, Martín (C), Migui, Óscar, Martina, Raúl e Telmo.

Adestrador: Miguel Oliveira Sánchez.
Delegado: Santiago Cartelle López.

CEBARCA: David, Darío (C), Bruno, Antón, Hugo Muiño, Hugo Fernández, Diego, Fabi e Pablo.

Adestrador: José Vicente Breijo Cortes.
Delegado: Agustín Álvaro Martínez González.

COLEXIADO: Cristián Vidal Bouza.

GOLES

1 - 0: (min. 2), Migui de disparo raso dende fóra da área.

1 - 1: (min. 10), centro á área, a falta de entendemento entre a defensa e o porteiro local propicia que ninguén toque o balón e Bruno máis espelido aprovéitase para meter o pé e empatar.

2 - 1: (min. 12), xogada por banda dereita de Martín, pase á frontal sobre Migui quen se interna na área e a cruza fóra do alcance de David.

3 - 1: (min. 17), centro de Martín e golpeo de Óscar ao fondo da rede.

3 - 2: (min. 22), centro pasado ao segundo pau que chega a Darío, o controla, regatea a un defensor local, vaise cara ao interior e axusta o disparo ao pau curto fóra do alcance de Miguel.

4 - 2: (min. 24), condución de balón de Migui por banda esquerda con pase sobre Óscar quen remata a porta, o porteiro toca o balón, pero non o suficiente para evitar que éste traspase a liña de gol.

4 - 3: (min. 28), córner que bota o Cebarca, a defensa local despexa o balón que chega a Pablo e marca dende fóra da área.

5 - 3: (min. 35), pase de Migui ás costas da defensa local sobre Óscar que encara nun man a man a David para superalo por abaixo.

6 - 3: (min. 39), balón que saca en defensa Pablo e que chega a Óscar situado en tres cuartos de campo rival, o dianteiro encara a porta visitante e ante a saída do porteiro abre a xogada á dereita por onde entra Migui, quen por velocidade desfaise do seu marcador para acompañar o balón ata o fondo da rede.

6 - 4: (min. 43), balón en profundidade sobre Bruno quen marca de disparo dende o lateral dereito da área.

6 - 5: (min. 48), disparo bombeado de Bruno dende a liña lateral que supera a Martina por alto.

 

 



Entretido partido o que nos ofreceron os benxamíns do Numancia e Cebarca na mañá do mércores en Prados Vellos. Foi un partido moi igualado, sen un dominador claro e no que ambos os dous contendentes loitaron sen descanso polos tres puntos. Aínda que os de Ares foron en todo momento por diante no marcador, o Cebarca nunca lle perdeu a cara ao partido e tivo as súas oportunidades, vendendo cara a súa derrota. Un inspirado Bruno con dous goles nos minutos finais meteu o seu equipo no partido facendo sufrir aos locais que viron perigar a vitoria.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.