Inicio Noticias Benxamíns BENXAMÍNS. NUMANCIA, 12 - G. CARANZA "D", 0.
 
 

BENXAMÍNS. NUMANCIA, 12 - G. CARANZA "D", 0.

GOLEADA EN PRADOS VELLOS

Partido correspondente a decimonovena xornada de liga local benxamín no seu grupo segundo, disputado no campo de Prados Vellos entre os equipos do Numancia e Galicia de Caranza “D” e que rematou con vitoria local por 12 – 0. A o descanso o resultado era de 3 – 0.


Prados Vellos 19 de abril de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Martina, Sergio, Raúl, Lucas, Pablo, Migui (C), Martín, David, Miguel, Samu, Óscar e Martín Miguel.

Adestrador: Roberto Carlos Oliveira Sánchez.
Delegado: Miguel Oliveira Sánchez.

G. CARANZA “D”: Adrián, Carlos, Teo, Jefferson, Gabi, Diego García, Diego Paz (C), Aarón, Martín e Cristian.

Delegado: Antonio Andrés Díaz Quintas.

COLEXIADO: Diego Bouza Pena.

GOLES

1 - 0: min. 4, internada de Migui con disparo dende dentro da área.

2 - 0: min. 9, lanzamento de libre directo de Migui que toca o porteiro pero non o suficiente para impedir que o balón entre na portaría.

3 - 0: min. 11, balón pelexado dentro da área por David, con disparo deste que rexeita un defensa e do que se aproveita Migui para enviar o fondo da rede.

4 - 0: min. 30, conducción de balón de Migui dende o centro do campo, intérnase por banda esquerda, dribla a un defensa cara o interior e marca de disparo raso.

5 - 0: min. 31, Migui de disparo bombeado dende o centro do campo que colle ao porteiro adiantado.

6 - 0: min. 36, balón rexeitado pola defensa visitante que chega a Migui quen marca dende a frontal da área.

7 - 0: min. 37, balón pelexado por David con dous defensas, consegue lévalo e picao por enriba do porteiro ante a saida deste.

8 - 0: min. 41, centro á área de Migui que David en boca de gol toca co pé para enviar o fondo da rede.

9 - 0: min. 45, pase de David dende a frontal da área a banda dereita por onde entra Óscar en carreira para marcar de disparo cruzado.

10 - 0: min. 47, saque do porteiro visitante que cae nos pes de Migui quen marca de forte disparo dende tres cuartos de campo.

11 - 0: min. 49, saque de esquina do Numancia que rexeita a defensa visitante, o balón chega a Migui que marca dende o vértice esquerdo da área.

12 - 0: min. 50, Pablo de disparo bombeado dende tres cuartos de campo rival.

 

 



Partido onde o resultado o di todo. O Numancia foi o claro dominador durante os cincuenta minutos de partido ante un Caranza que apenas inquietou a meta local. Na primeira parte os ferrolanos conseguiron defenderse ben e encaixar poucos goles, pero na segunda parte, o cansazo pasoulles factura aos poucos efectivos do conxunto visitante e os goles foron caendo do lado local un tras outro.

Con esta vitoria dos de Ares, e despois da derrota do R. San Pedro fronte ao Neda, os numantinos colócanse terceiros na clasificación xeral. Próxima parada para os de Ares, R. San Pedro - Numancia, dous equipos en pugna pola terceira praza e tan só separados por tres puntos.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.