BENXAMÍNS. NUMANCIA, 5 - R. DE NEDA, 4.

GRAN VITORIA DO CONXUNTO ARESANO.

Partido correspondente á 16ª xornada de liga local benxamín no seu grupo segundo, e na que os de Ares recibían ao segundo clasificado. Ao final do partido vitoria aresana. Ao descanso o resultado era de 2 -1.


Prados Vellos 23 de marzo de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Miguel, Diego, Raúl, Migui, Pablo, Martín, Óscar, David (C), Chechu, Martín Migue e Telmo.
Adestrador: Miguel Oliveira Sánchez.
Delegado: Santiago Cartelle López.

R. DE NEDA: Alejandro, Romeo, Dani, Lino, Abel, Emes, Sergio (C), Joel, Mikel, Piñeiro, Mario, Lucas, Iván e David.
Adestrador: José Luís Rodríguez López.
Delegado: Roberto Rey Castro.

COLEXIADO: Juan J. Espiñeira Vara.

GOLES: Pablo, Migui, David e Oscar (2) para o Numancia.  Piñeiro, David, Abel e Sergio para o R. de Neda.

1 - 0: min. 8, córner que bota o Numancia, rexeita a defensa visitante en curto, o balón chega a Pablo que marca.

1 - 1: min. 18, córner que bota o Neda e sensacional remate de cabeza de Piñeiro ao fondo da rede.

2 - 1: min. 24, libre directo que lanza MIgui, toca o porteiro pero non o suficiente para evitar o gol.

2 - 2: min. 30, libre directo que lanza Emes contra a barreira, a defensa local non reacciona ante o balón que queda morto, e David aproveita a pasividade local para empatar.

2 - 3: min. 35, balón en profundidade que gaña as costas da defensa local e ao que chega Abel para picala por arriba sobre a saída de Miguel.

3 - 3: min. 40, pase lateral de Óscar dende banda dereita ao segundo pau por onde entra David para remachar o fondo da rede.

4 - 3: min. 41 rápida xogada de contraataque por banda dereita do Numancia con pase en profundidade sobre Óscar quen se desfai dun defensor e culmina a xogada cun disparo cruzado a media altura dende o lateral da área.

4 - 4: min. 45, Sergio de penalti.

5 - 4: min. 45, pase en longo de Martín dende o círculo central que gaña as costas da defensa visitante, Óscar faise co balón, gáñalle a partida ao defensa encara ao porteiro e báteo de disparo raso.

 

 

Sensacional e vibrante partido o que nos ofreceron na maña de hoxe en Prados Vellos os benxamíns do Numancia e do Neda. Houbo diversas alternativas no marcador e suspense ata o asubío final. Partido no que non houbo descanso, nin tregua nos cincuenta minutos regulamentarios. Foi un partido sen dominador claro posto que ningún dos dous equipos foi quen de impoñer o seu xogo. Un partido de idas e vidas dunha área a outra, e no que os defensas non se complicaron, despexando os balóns sen contemplacións. Un partido no que as xogadas a balón parado foron determinantes na culminación da maioría dos goles.

Comezaban os de Ares adiantándose no marcador, para mediada a primeira metade empatar o Neda. No último suspiro do tempo regulamentario do primeiro período volvían marcar os locais o que lles permitía irse ao descanso con vitoria por 2 - 1, nunha primeira parte moi igualada.

Na segunda metade e aos poucos minutos do seu inicio era o Neda o que marcaba e empataba. E pouco despois adiantabanse no marcador. Nos dez últimos minutos de partido viría a chuvia de goles en Prados Vellos. Primeiro os de Ares para empatar, e de seguido para poñerse por diante. Logo sería o Neda despois dun claro penalti cometido polos de Ares os que empatarían de novo. Para nun arreón final dos locais volver a poñerse éstes por diante de novo. Este sería o gol definitivo e o que daría a vitoria ao conxunto aresano. Ao final do partido alegría local polos tres puntos conseguidos ante un dos gallitos do grupo, vitoria que coloca os de Ares nunha cómoda cuarta posición.

Aproveitamos a ocasión para mostrar o noso agradecemento a Fernando, pai de Miguel, por facilitarnos a maioría das fotos da reportaxe.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.