Inicio Noticias Benxamíns BENXAMÍNS. NUMANCIA, 2 - CARIÑO, 3.
 
 

BENXAMÍNS. NUMANCIA, 2 - CARIÑO, 3.

GAÑOU O QUE MAIS ACERTO TIVO.

Partido correspondente á undécima xornada de liga benxamín disputado nunha apracible e soleada mañá de sábado en Ares. Ao descanso o marcador reflectia un resultado de 0 - 2.


Prados Vellos 16 de febreiro de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Martina, Martín, Pablo, Sergio Pena (C), Lucas, Migui, David, Jaime, Josema, Miguel e Óscar.
Adestrador: Roberto Carlos Oliveira.

CARIÑO: Dani, Mario, Javi, Sergio, Manuel, Pablo Novo (C), Martín, Raúl, Alex, Ania, Erik, Hugo, Adrián e Pablo López.
Adestrador: José Manuel de Magalhaes.

COLEXIADO: Daniel Rodríguez Dopico.

GOLES:

0 - 1: min. 4, saque de esquina a favor do Cariño, os de Ares no seu intento de sacar o balón fórmanse un lio no segundo pau e rematan por introducilo en propia porta.

0 - 2: min. 8, balón en longo sobre Martín que marca de disparo cruzado dentro da área.

1 - 2: min. 15, Migui de disparo desde dentro da área.

1 - 3: min. 16, Erik dende o centro do campo.

2 - 3: min. 48, disparo do Numancia que o porteiro non é capaz de atallar, Jaime moi atento aproveita o rexeitamento para marcar.

 



Primeira metade bastante igualada en canto o dominio do xogo, pero cunha defensa local algo permisiva nos primeiros minutos de partido o que propiciou ao Cariño adiantarse no marcador en dúas ocasións. Pola contra ao Numancia non lle resultaba doado chegar con claridade á meta rival, ben defendida e difícil de penetrar. Para os locais a ocasión máis clara teríana no minuto doce pero o disparo de Migui estrelouse no longueiro. Ao descanso chegaríase con vitoria visitante por 0 - 2.

Na reanudación sería o Numancia o que asumiría o control do partido cuns primeiros minutos de gran intensidade no seu xogo. Aos cinco minutos o colexiado anula un gol aos de Ares nun claro fallo de interpretación. Dous minutos despois os de Ares volven desaproveitar outra ocasión. No minuto quince Migui acurtaba distancias, pero apenas houbo tempo para o desfrute posto que no saque do centro Erik marca o terceiro para o Cariño. Estivo o Numancia dominando e creando ocasións durante moitos minutos pero as boas intervencións do cancerbero visitante abortaron a maior parte delas. O Cariño á contra tamén levou perigo á área local pero nin uns nin outros estaban atinados de cara a gol. Nos últimos minutos do partido Jaime marcaría o segundo tanto aresano para chegar ao final do partido co resultado de Numancia 2 - Cariño 3.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.