Inicio Noticias Benxamíns BENXAMÍNS. NUMANCIA, 5 - MEIRAS, 2.
 
 

BENXAMÍNS. NUMANCIA, 5 - MEIRAS, 2.

TRABALLADA VITORIA DO CONXUNTO LOCAL.

Partido correspondente á 7ª xornada de liga e aprazado no seu día ao non se poder disputar por mor do temporal. Ao descanso o resultado era de 2 - 1. Ao final do partido 5 - 2.


Prados Vellos 11 de febreiro de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Martina, Lucas, Pablo (C), Sergio Pena, Jaime, Migui, Martín, Óscar, Miguel, Samu, Chechu, Raúl e Telmo.
Adestrador: Roberto Carlos Oliveira.
Delegado: Miguel Oliveira.

MEIRAS: Fer (C), Rubén, Tomás, Luís, Alex, Adri, Aarón, Manu, Iván, Hugo Rodríguez e Hugo González.
Adestrador: José Luís Ramos.
Delegado: Jorge González.

COLEXIADO: Martín Zakaryan.

GOLES:

0 - 1: min. 5, mal saque de portaría do conxunto local do que se aproveita Luís para marcar dende fóra da área.

1 - 1: min. 12, Migui dende tres cuartos de campo rival que colle ao porteiro do Meirás lixeiramente adiantado superándoo por arriba.

2 - 1: min. 20, roubo de balón de Martín no centro do campo, corre a banda dereita e pase en diagonal a Migui sobre a frontal da área que remata segundo lle vén.

2 - 2: min. 25, saque de esquina sobre a portaría local que a defensa non acerta a despexar, o balón queda morto na área e o aproveita Rubén para empatar.

3 - 2: min. 33, cesión atrás dende o medio do campo do Meiras, o defensa non controla o balón e Óscar róuballe a carteira para adiantar aos de Ares.

4 - 2: min. 37, saque de porta que intercepta Pablo no círculo central, avanza cara a porta e pon un pase medido sobre Martín que a touca sutilmente para salvar a saída do porteiro.

5 - 2: min. 47, Migui de forte disparo dende tres cuartos de campo.

 



Primeira metade que comezou co Meirás tomando a iniciativa do partido, así aos cinco minutos adiantábanse no marcador (0 - 1). A raíz do gol encaixado foi o Numancia o que tomou as rendas para a medida que pasaban os minutos ir impoñendo o seu xogo. No minuto doce Migui ve o porteiro adiantado e de disparo bombeado iguala a contenda (1 - 1). No último tramo da primeira metade os de Ares encaixonaron o rival no seu campo e dispuxeron de boas oportunidades para facer subir máis goles á o seu marcador pero a falta de puntaría e o gardameta impediríano. Sería no minuto vinte despois dunha bonita xogada de combinación entre Martín e Migui que finaliza este último para poñer por diante aos de Ares e irnos ao descanso cun 2 - 1.

No reinicio do partido os de Ares saíron un tanto durmidos e volvía ser o Meirás o que tomaba a iniciativa, dispuxeron os visitantes de varias ocasións a balón parado, que executadas por Luís provocaron algunhas dificultades ao porteiro local. Tanto foi o cántaro á fonte que finalmente dun saque de esquina chegaría o empate (2 - 2). Pronto se volverían poñer por diante os de Ares ao aproveitar un balón atrás dos visitantes, erran na recepción e Óscar aprovéitao para adiantar ao conxunto local (3 - 2). Este gol animou os de Ares que dispuxeron de dúas novas ocasións consecutivas pero que non materializaron. Despois duns minutos de centrocampismo e sen control por parte de ningún dos dous equipo, volvían a ser o conxunto local o que marcaría o tempo do partido, e Martín o que poñería terra de por medio cun novo gol (4 - 2). Migui remataría a faena da tarde co quinto e definitivo despois dun disparo dende tres cuartos de campo ante o que nada puido facer o gardameta visitante.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.