BENXAMÍNS: NUMANCIA 5 - R. FERROL ``D´´ 1
Victoria cómoda.
Venres 17 de Abril de 2009
Eloy
Numancia 5 - R. Ferrol ``D´´ 1
Alienación: Adrián; Alexis, Antonio, Pablo; Antón, Carlos(C); Axel. Tamén xogaron: Fernando, Fran, Adrián Garcia, Alex e Haakon.
Goles: Axel(3), Antón e Alexis.
Bo partido o xogado polo equipo benxamín na tarde do venres en Prados Vellos.
Se adiantaría o Numancia no marcador a través de Antón ao sacar un córner conseguindo un gol olímpico.
O segundo gol chegaría despois dun pase de Antón ás costas da defensa onde o balón chega a Axel que grazas á súa velocidade establece o 2-0.
Co resultado de 2-0 se chegaría ao descanso.
O terceiro e cuarto gol serían idénticos ao segundo, o Racing cunha defensa adiantada arriscaba moito e de novo Antón que con dous pases en longo son aproveitados por Axel para poñer o 4-0.
O quinto gol chegaría despois de que Alexis cun tiro que se iva fóra desviáseo un xogador do equipo rival cara ao seu porteiro para establecer o 5-0.
Xa co tempo cumprido chegaría o gol do honor do Racing, nun un contra un co porteiro onde o tiro é axustado ao pau e Fernando malia a súa estirada non pode facer nada.
Neste partido cabo destacar a rapidez de Axel, que con 3 novos goles esperemos que lle dure a racha por moito tempo.
| ||