Inicio Noticias Benxamíns BENXAMÍNS. NUMANCIA, 4 - EUME, 1.
 
 

BENXAMÍNS. NUMANCIA, 4 - EUME, 1.

VITORIA PELEXADA.

Partido correspondente á sexta xornada de liga benxamín no seu grupo 2º que rematou con vitoria numantina por 4 - 1. Ao descaso o marcador reflectía 2 - 1 a favor dos locais.


 


Prados Vellos 12 de xaneiro de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Miguel, Pablo, Migui, Martina, Martín, Raúl, Lucas, Diego, Oscar, Martín Miguel, Jaime e David.

EUME: Xavi Vázquez, Samu, Teo, Purri, Aike, Mateo, Joaquín, David, Martiño, Xavi Valente, Jorge, Pablo e Álvaro.

COLEXIADO: Álvaro García Santaeufemia.

GOLES: Pablo, Martín, Migui e Diego para o Numancia, Aike para o Eume.

1 - 0: min. 5, falta que executa Migui dende tres cuartos de campo directamente a portaría, o porteiro rexeita o balón e Pablo moi atento na área aproveitao para enviar o fondo da rede.

2 - 0: min. 7, xogada que inicia Óscar no centro do campo con condución ata a frontal poñendo un pase á banda dereita da área por onde entra Martín para golpear ao fondo da rede.

2 - 1: min. 16, balón ás costas da defensa local que disputan o gardameta e Aike, finalmente o dianteiro eumes chega antes, regatea a Miguel e marca a porta baleira.

3 - 1: min. 40 disparo afastado de Migui que bota diante do porteiro e superao por alto.

4 - 1: min. 58, córner que colga o Numancia ao bordo da área e que Diego remata ao fondo da rede.

COMENTARIO:

Primeira metade na que o conxunto local tomou a iniciativa dende o asubío inicial o que lle propicio en poucos minutos poñerse por diante no marcador con dous tantos de vantaxe. A medida que avanzaron os minutos a contenda foise igualando desenvolvendose o xogo no medio campo sen que ningún dos equipos fose quen de impoñer o seu xogo. Poucas e claras foron as ocasións que se crearon por parte dos dous equipos. O gol de Eume no minuto dezaseis botaría un marcador parcial de 2 - 1 co que chegaríamos ao descaso.

Na segunda metade foi o conxunto numantino o que marcou claramente o tempo do partido. Aínda que aos de Ares faltoulles algo de profundidade no xogo, foron os que levaron a iniciativa e tiveron a posesión. Finamente impuxéronse ao conxunto eumes polo resultado coñecido de 4 - 1.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.