BENXAMÍNS. NUMANCIA, 2 - EFR FERROL "B", 0.
OS BENXAMÍNS CAMIÑAN CON PASO FIRME NO INICIO DE LIGA.
Partido correspondente á segunda xornada de liga benxamín celebrado na mañá do sábado e no que o equipo numantino se impuxo por 2 - 0 ao conxunto ferrolano do Racíng. Ao descaso chegouse con vitoria local por 1 - 0.
Prados Vellos 1 de decembro de 2012.
ALIÑACIONS:
NUMANCIA: Martina, Chechu, Jaime, Migui, Diego, Óscar, Jonatan, David, Raúl, Pablo, Martín e Samuel.
EFR FERROL “B”: Simón, Alex, Yoel, Nuno, Antón, Adrián Mayobre, Hugo, Gabi, Manu, Izán, Paula, Diego e Adrián Díaz.
COLEXIADO: Daniel Pérez Ferro
GOLES:
1 - 0: min 3, saque de banda sobre Migui que a colga ao segundo pau sobre Óscar que marca de disparo cruzado.
2 - 0: min 33, Migui de forte disparo dende fóra da área, toca o gardameta ferrolano, pero non o suficiente para evitar que o balón entre na portaría.
Partido en liñas xerais de claro dominio territorial do conxunto aresano que apenas pasou apuros en facetas defensivas. Malia o dominio local, ao Numancia faltoulle algo de profundidade e acerto de cara a gol, unhas veces polas boas intervencións de Simón e noutras pola falta de puntaría, o que farían que se visen poucos goles, aínda que sí algunhas bonitas xogadas.