Inicio Noticias Benxamíns BENXAMÍNS. NUMANCIA, 7 - MEIRAS, 0.
 
 

BENXAMÍNS. NUMANCIA, 7 - MEIRAS, 0.

Numancia de Ares ADR. Benxamíns 2012-2013. Numancia 7 - Meirás 0. Prados Vellos 10/11/12.FIN DE FASE CON GOLEADA.

Novena e última xornada da fase previa benxamín no seu grupo terceiro que se saldou con clara vitoria do Numancia ante o Meirás. Ao descanso chegouse con 3 - 0 a favor dos de Ares.

Prados Vellos 10 de novembro de 2012.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Martina, Jaime, Migui, Oscar, Jonatan, David, Sergio, Raúl, Lucas, Pablo, Martín e Samu.

MEIRAS: Iker, Carlos, Iván, José, Fernando, Hugo Andrés, Luís, Bruno, Joel, Aaron, Alejandro, Hugo Seijas e Tomás.

COLEXIADO: Martín Zakaryan

 

 
Primeira metade con claro dominio do conxunto aresano que tiña a posesión do balón pero non conseguía profundidade no seu xogo, e nas poucas ocasións nas que chegou con claridade non tivo acerto. Habería que espera ata o minuto vinte para que os de Ares conseguirán abrir a caixa de pandora, e en catro minutos logran endosarlle tres goles ao rival. Con este resultado de 3 - 0 iriámonos ao descanso.

1 - 0: min, 20, Migui de disparo bombeado desde fóra da área.

2 - 0: min. 23, logo dun saque de esquina con varios rexeites o balón chega a Óscar situado no bordo da área e marca de disparo axustado ao pau esquerdo do porteiro.

3 - 0: min. 24, balón rexeitado no centro do campo que chega a Óscar, éste vaise do seu marcador e de disparo axustado ao pau curto do porteiro marca.

Na segunda metade o Meirás saíu algo máis metido no partido e nos primeiros minutos dispuxo dalgunhas aproximacións á meta aresana que Martina solventou sen maiores complicacións. Pasados eses minutos de igualdade os de Ares volveron tomar a iniciativa e o control do partido para dominalo con claridade ata o asubío final.

4 - 0: min. 33, xogada de Martín por banda esquerda que pon un balón interior sobre David quén se vai do seu marcador e de disparo cruzado pona fóra do alcance do porteiro.

5 - 0: min. 36, Pablo de forte disparo desde o pico da área.

6 - 0: min. 38, disparo de Jonatan que rexeita o porteiro, e Jaime moi atento no punto de penalti aproveita o rexeite para marcar.

7 - 0: min. 40, Migui nun man a man co porteiro.

Con esta vitoria fronte ao Meirás os de Ares quedan cuartos clasificados no seu grupo, polo que se encadran no grupo B para disputar o campeonato de liga, xunto cos cuartos, quintos e sextos clasificados dos outros tres grupos. Entre eles xogáranse o título de liga no seu grupo. O campionato dará comezo o próximo 23 de novembro. En canto dispoñamos dos calendarios dos partidos publicarémolos na web.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.