Inicio Noticias Benxamíns BENXAMÍNS. NUMANCIA, 5 - AMISTADE MEIRAS "B", 1.
 
 

BENXAMÍNS. NUMANCIA, 5 - AMISTADE MEIRAS "B", 1.

ADR Numancia de Ares. Benxamíns 2012-2013. Numancia 5 - Amistade Meirás VITORIA TRABALLADA

Logo dunha primeira metade igualada disfrutaríamos dunha segunda parte algo máis dinámica e con goles.

 


Prados Vellos 27 de outubro de 2012.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Miguel, Migui, Óscar, Jonatan, Martina, Sergio, Raúl, Lucas, Pablo, Martín e Samu.

AMISTADE MEIRAS “B”: Borja, Aroa, Beltrán, David, Matías, Alejandro, Ariadna, Jorge, Adrián e Cristián.

COLEXIADO: Tomás Lorenzo Castro.

GOLES:

1 – 0: Martina (min. 15)
2 – 0: Óscar (min. 32).
3 – 0: Jorge en propia puerta (min 40).
3 – 1: Adrián (min 43).
4 – 1: Martina (min 46).
5 – 1: Martina (min. 50)

 

 



Primeira metade igualada e con escasas chegadas e oportunidades para os dous equipos. Case todo o xogo desenvolveuse no centro do campo e os porteiros apenas tiveron intervencións. Na ocasión máis clara para os de Ares, Óscar pon un balón ás costas da defensa que recolle Martina, a xogadora aresana encara porta e transforma a ocasión en gol, corría o minuto quince de partido. Con este resultado de 1 - 0 a favor do conxunto local marcharíamos ao descanso.

Na segunda metade o conxunto aresán poría unha marcha máis que o Amistade e non tardaría en sacar renda da sua maior mordente. Primeiro Óscar, logo dunha xogada por banda dereita dos de Ares que finaliza cun centro cruzado a banda contraria, o xogador aresano controla o balón e de disparo en globo supera a Borja para pór o 2 - 0 no marcador. O 3 - 0 chegaría nunha xogada de fortuna para os de Ares, posto que logo dun centro ao área rival, o balón golpea nas costas de Jorge e introdúcese en propia porta. Tres minutos despois acurtarían distancias os visitantes nunha bonita xogada de contraataque que finaliza con pase final sobre Adrián quen nun man a man con Miguel supérao por abaixo. E xa no último tramo de partido Martina converteríase na protagonista ao materializar os dous últimos goles do Numancia. O 4 - 1 marcaríao de falta directa. E o definitivo 5 - 1 viría precedido dun roubo de balón de Migui no centro do campo, cabalgada pola banda esquerda e xeneroso pase cara ao centro para que Martina finalice a xogada e culmine a seu hack-trick particular no día de hoxe.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.