Inicio Noticias Benxamíns Benxamíns: G. Caranza ``C´´, 1 - Numancia 2
 
 

Benxamíns: G. Caranza ``C´´, 1 - Numancia 2

S.D.R. Numancia de Ares. Benxamíns. Temporada 2008-2009. G.Caranza C 1 - Numancia 2Vitoria no último minuto.
Venres 3 de Abril de 2009

Eloy

Benxamíns
G. Garanza ``C´´, 1 - Numancia 2

Alineación: Adrián; Alexis, Antonio, Pablo; Antón, Carlos(C); Axel. Tamén xogaron: Fernando, Fran, Marcos e Alex.

Árbitro: Cristian Santos.

Goles: Antón e Axel.

Partido disputado na tarde do venres na instalacións de Caranza ante o conxunto do G. Caranza ``C´´, sexto clasificado na táboa.
Se adiantaría o equipo local mediante unha boa xogada por banda dereita chegando ata a liña de fondo e onde o xogador consegue sacar un bo centro moi pechado que Adrián non é capaz de atrapar o suficientemente ben para que o balón introdúzase na portería.
O empate visitante chegaría aos poucos minutos dado a unha falta dende a esquiña sacada por Antón dende bastante lonxe que manda bombeada ao segundo pau e cóaselle por encima ao porteiro.
Con este resultado  chegaríase ao descanso.
Na segunda un xogo moi disputado que non beneficiou en nada a ambos equipos. Destacar un man a man de Axel contra o porteiro que este aguanta o suficiente para tapar ben a portería.
O gol da vitoria chegaría no derradeiro minuto de partido, falta que saca Antón desde moi lonxe de novo e onde o porteiro non pode atrapar quedándolle o balón morto a Axel para que a porta valeira estableza o 1-2 definitvo.
Destacar nesta ocasión a Fernando que leva uns partidos a moi bo nivel e unha xeira de cinco partidos consecutivos sen encaixar un só gol.
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.