Inicio Noticias Benxamíns BENXAMÍNS. RECEPCIÓN NO CONCELLO
 
 

BENXAMÍNS. RECEPCIÓN NO CONCELLO

HOMENAXE AOS BENXAMÍNS DO NUMANCIA
A corporación municipal homenaxeou esta mañá aos benxamíns do Numancia, campións da liga de Ferrol e subcampións de Copa. O Sr. alcalde, D. Julio Iglesias, acompañado do concelleiro de deportes, D. José Juan Vilar e dos edís D. Ánxo Fernández e D. Emilio Mesías, recibiron no salón de plenos aos brillantes campións.

Ares, 2 de xuño de 2012

Un ano máis, o Numancia cumpriu cunha cita que, por repetida, parece obrigada: presentar no concello os trofeos conseguidos nesta temporada 2011-12 que acaba de rematar. Nesta ocasión, os nosos benxamíns acadaron dous trofeos moi valiosos, se consideramos que para traelos para Ares houbo que superar a dúas entidades ferroláns que poden permitirse o luxo de seleccionar aos seus xogadores, que poden escoller case entre todos os nenos da comarca para confeccionar non un equipo, senón unha selección. Por iso, temos que salientar a extraordinaria campaña destes nenos que, dirixidos con total mestría e enerxía por Pedro e Andrés, conseguiron tan bos resultados.
Unha vez dentro do salón de actos e cos nenos ocupando as cadeiras dos concelleiros, o sr. alcalde felicitou á familia numantina, especialmente aos nenos e as súas familias, así coma ao seu adestrador. Ademais, insistiu en que os éxitos tiñan detrás toda unha temporada de traballo e sacrificio. Por último, e antes de entregarlles un agasallo a cada un dos nenos, lembrou, xunto con eles, os logros obtidos en temporadas anteriores, non só polo Numancia senón tamén por outros deportistas e sociedades aresás. Orgullo e sentimento aresán.
Finalmente, os auténticos protagonistas, xogadores e adestrador, asinaron no libro de ouro do concello.
Xa fóra do edificio, e antes da despedida, tivemos as fotografías do alcalde e os seus compañeiros da corporación xunto cos benxamíns do Numancia, unha entidade que coñece claramente cales son as súas limitacións e tamén os seus obxectivos. Os títulos son moi importantes pero, non nos enganemos, o principal obxectivo segue sendo poder presentar cada temporada un equipo por categoría, seguir prestando servizo ás familias e nenos aresáns, por suposto, sen renunciar a nada.

A web voltaaria.com tamén publica una nota sobre o evento PICA AQUI para leela.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.