Inicio Noticias Benxamíns BENXAMÍNS. COPA. SUBCAMPIONS
 
 

BENXAMÍNS. COPA. SUBCAMPIONS

OUTRA VEZ OS PENALTIS

O equipo de benxamíns culminou unha moi boa fase final da Copa Delegación ó quedar Subcampión do torneo tras caer dende o punto de penalti fronte o E.F.R. Ferrol

Perlío, 27 de maio de 2012

Ó longo do domingo, o Numancia benxamín participou na fase final da Copa Delegación de Ferrol celebrada no campo dos Pinares de Perlío.

En oitavos de final o Numancia venceu por 1 a 0 ó Galicia de Caranza D con gol de Pablo Cartelle.

En cuartos de final novamente vitoria pola mínima frente o Ánimas (1-0) gol de Pablo García.

Na semifinal vitoria por 2 a 1 fronte o Baralllobre con goles de Pablo García e Juan.

Na gran final empate a cero ante o Racing de Ferrol caendo na tanda de penaltis por 1-3.

O resumo do torneo para o Numancia é fantástico xa que conseguiu 6 vitorias e 2 empates anotando 14 tantos i encaixando únicamente 2. A lotaría dos penaltis quixo que o equipo numantino fora subcampión.

Felicitar a todos os participantes no torneo, en especial ó campión E.F.R. Ferrol e ós nosos pequenos ,dos que temos que estar moi contentos por acadar ser campións de grupo na liga, subcampións de copa e subcampións de fase caendo únicamente na tanda de penaltis nas duas finais despois de acadar sendos empates a cero tantos.

Noraboa ós xogadores, entrenadores e afeccionados que seguiron ós nosos campións.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.