Inicio Noticias Benxamíns BENXAMINS. NUMANCIA, 1 - G. DE CARANZA "D", 1. Penaltis (2 - 3).
 
 

BENXAMINS. NUMANCIA, 1 - G. DE CARANZA "D", 1. Penaltis (2 - 3).

Numancia de Ares ADR. Benxamíns 2011-2012. Numancia 1 - G. Caranza “QUE VOS QUITEN O BAILADO”

Hoxe tocoulle o equipo aresán sufrir a crueldade dos penaltis. Son as cousas que ten o fútbol.

 


A Gándara (Ferrol) 5 de maio de 2012.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Rubén, Mario, Xan, Migui, Juan, Pablo García e Cristián. Ao longo do encontró tamén xogaron: Adrián, Pablo Cartelle, Martín, Greta e Naim.

GALICIA DE CARANZA “D”: Emilio, Jaime, Hugo, Blas, Daniel, Yago, Víctor. Ao longo do encontró tamén xogaron: Lúcas, Ismael, Adán, Alejandro, Pablo, Miguel e Camilo

COLEXIADO: Fernando Caruncho Paz (Delegación de Ferrol)

 

 

Chegaba o partido decisivo da fase de clasificación para o Campionato Galego benxamín. Nunha mañá de sábado con nubes e chubascos, Numancia e Galicia de Caranza “D” medían as súas forzas nas instalacións de A Gándara ante numerosos afeccionados de ambos equipos; destacando pese a que o tempo non acompañaba demasiado, unha nutrida presencia da Marea Vermella.

Entrando no partido, primeiros 10 minutos no que o Numancia saiu algo durmido. Como castigo, no minuto 7 recibían o 0 – 1 obra Yago tras un disparo dende o bordo do área que non poido atallar Rubén debido a que o céspede mollado e ós charcos xogáronlle unha mala pasada. Foise recuperando ó Numancia e nos seguintes minutos contaba con alguna chegada a portería ferrolana. Un tiro lonxano de Mario o balón escapábaselle das mans o porteiro visitante, e traspasaba lentamente a líña de gol para empatar os de Ares o partido. Con este resultado chegaríamos ó descanso.

Na segunda metade, houbo mais igualdade en canto a ocasións. O Galicia levava perigo a meta defendida por Adrían mediante xogadas colectivas e sobretodo mediante xogadas individuais dos seus futbolistas máis veloces. Pola súa banda, ó Numancia levou perigo nesta segunda metade mediante rápidos contraataques que moitas veces eran freados con faltas polos xogadores do Galicia. Esas faltas eran executadas por Juan ou Pablo García e ben poido alguna delas terminar en gol, pero non houbo sorte. Tocaba como na tarde do venres, dilucidar o gañador do partido na fatídica tanda de penaltis. Esta vez, serían tres os penaltis que lanzaría cada equipo.

Nesta tanda, todos ós xogadores anotaban o seu lanzamento excepto Pablo García, do Numancia. ¡¡¡Cousas do fútbol¡¡¡ Un dos mellores xogadores benxamíns da comarca, e seguramente o que mellor dispara… fallaba o seu penalti decisivo. ¡¡¡Como Cristiano Ronaldo ou Messi¡¡¡ ¡¡¡Cousas do fútbol¡¡¡

A tanda de penaltis foi unha anécdota. Serviu para clasificar ó Galicia de Caranza “D” para o Campionato Galego do 20 de maio en Lugo e para deixar ás portas ós numantinos. ¡¡¡Non pasa nada¡¡¡

Este grupo de nenos de 9-10 anos levan una tempada inmaculada; sendo como todos sabemos, campións de Liga. Os benxamíns numantinos, fixeron vibrar a parroquia do Numancia cuns partidos moi emocionantes e bonitos nas últimas datas. Saborearon ó éxito, a victoria con sorte, e tamén a cruel derrota ¡¡¡Moitas emocións e sobretodo moita aprendizaxe para tan poucos días¡¡¡ ¡¡¡Impresionante experiencia¡¡¡ Estos nenos benxamíns do Numancia xa fixeron historia. Son un dos orgullos numantinos e serán recordados e seguidos durante moito tempo. ¡¡¡¡NORABOA CAMPIÓNS¡¡¡

Próximamente, o Numancia benxamín terá ocasión de sacarse a espiña desta fase clasificatoria. O día 17 de maio xogarán nun dos Torneos máis prestixiosos de Galicia, o do RC Deportivo de A Coruña en Abegondo. E sabendo como sabemos como ás gastan estos nenos, ¡¡¡ollo co Numancia¡¡¡

Na fin de semana do 26-27 de maio o Numancia benxamín disputará o Torneo de Copa da Delegación de Ferrol que se celebrará no campo de Os Pinares en Perlío e donde os nenos aspiran a facer doblete.

¡¡¡A seguir aprendendo, disfrutando e vivindo experiencias inolvidables pequenos¡¡¡

“QUE VOS QUITEN O BAILADO CAMPIONS”

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.