Inicio Noticias Benxamíns BENXAMINS. ANIMAS, 1 - NUMANCIA, 1.
 
 

BENXAMINS. ANIMAS, 1 - NUMANCIA, 1.

Numancia de Ares ADR. Benxamíns 2011-2012. Ánimas 1 - Numancia 1. A Gándara 01/05/12.TOCOU SUFRIR EN A GANDARA

Ánimas e Numancia asinan un empate en A Gándara e deixan todo pendente para o partido de volta en Prados Vellos o próximo venres


A Gándara (Ferrol) 1 de maio de 2012.

ALIÑACIONS

ANIMAS: Yago, Manuel, Mateo, Alejandro, Oscar San Emeterio, Alvarito e Álvaro, ao longo do encontro tamén xogaron: Kike, Carlos, Jonnathan e Oscar Janeiro.

NUMANCIA: Rubén, Mario, Pablo Cartelle, Migui, Juan, Cristian e Xan, ao longo do encontro tamén xogaron: Adrián, Naim, Greta e Martín.

COLEXIADO: Daniel Barrera Lourido.

GOLES:

Álvaro para o Ánimas e Juan para o Numancia.

Partido dominado polo equipo local que foi o que levou o peso do encontro. Os de Ares encerrados atrás polo empuxe do Ánimas, envorcáronse en tarefas defensivas, saíndo á contra con balóns en profundidade. Esta foi a tónica xeral do partido. Malia a posesión e dominio territorial do equipo ferrolano os de Ares aguantaron con firmeza durante os corenta minutos, resolvendo con solvencia, Pana na primeira metade e Adrián na segunda, os disparos entre os tres paus. Malia o dominio local serían os de Ares os que se adiantarían no marcador aos once minutos de xogo cun disparo bombeado de Juan bota diante do porteiro e supérao por arriba. E a tres minutos do final da primeira parte, á saída dun córner, Álvaro envía de cabeza a fondo da rede, o que supoñía o empate para o Ánimas.

Na segunda metade, ao minuto e medio do seu inicio, e de libre directo, Juan estrela o balón no longueiro, sendo a ocasión máis clara deste segundo período. Segundo período que foi un calco do primeiro, dominio do Ánimas e un Numancia repregado e firme atrás.

O próximo venres, 4 de maio, ás 19:00 h en Prados Vellos, no partido de volta, o Ánima e Numancia xóganse o pase á seguinte fase.

Esperamos a toda a MAREA VERMELLA en Prados Vellos o próximo venres para animar os rapaces.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.