Inicio Noticias Benxamíns BENXAMINS. CEDEIRA, 0 - NUMANCIA, 4.
 
 

BENXAMINS. CEDEIRA, 0 - NUMANCIA, 4.

Numancia de Ares ADR. Benxamíns 2011-2012. Cedeira 0 - Numancia 4. O Beco 21/04/12.¡¡¡ TODOS A PRADOS VELLOS !!!

Partido correspondente a vixesimoquinta xornada de liga  disputado no municipal de O Beco entre os equipos Cedeira (0) e Numancia de Ares (4).


O Beco (Cedeira) 21 de abril de 2012.

Nunha maña chuviosa  e coas pantasmas da primeira volta onde despois de ir gañando 4 – 0, e rematar o partido con empate a catro presentabase o equipo benxamín en Cedeira.

NUMANCIA: Adrian, Migui, Pablo Cartelle, Mario, Juan, Pablo García, Xan, Rubén, Christian, Naim e Martín.

GOLES:

0 – 1: (min 1), balon roubado por Xan que  llo cede a Pablo García quen de forte disparo marca.

0 – 2: (min 10), tiro lonxano de Pablo García que bate o meta local.

0 – 3: (min 13) tiro de 30 metros de Mario que peta no travesaño, o rexeite aille a Juan que remacha o fondo da rede.

0 – 4: (min 37) xogada individual de Pablo García que despois de canear a tres contrarios  de tiro cruzado marca.

COMENTARIO:

Nun partido dominado claramente polo equipo visitante, onde a presión exercida polos homes de arriba non deuxou lugar as dubidas da primeira volta e onde os porteiros do Numancia non tocaron balón en todo o partido.

Hoxe veuse un equipo compacto, peleón, e sabedor do que estaba en xogo e  o que tiña que facer en todo momento, ademáis de desplegar un fútbol combinativo que por momentos facían as delicias dos siareiros visitantes. Destacar a entrega de todoslos xogadores numantinos porque a medida que a liga esta a rematar a presión aumenta e o fútbol non deixa de ser un deporte e un xogo, con o cal animar a estos xovenes rapaces a seguir desfrutando e lembralles que seguindo nesta línea os resultados chegan por si sós.

Dende aquí animar a todol@s siareir@s da familia numantina, así como a todolos xogadores do Numancia a subiren o vindeiro venres, 27 de abril, a Prados Vellos para ser o xogador nº 12. dende logo estos rapaces teñen ven merecido o apopio de toda a MAREA VERMELLA que pode ser fundamental no derradeiro partido de liga.

Ánimo a todolos xogadores benxamíns e vémonos todos en Prados Vellos.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.