Inicio Noticias Benxamíns BENXAMINS: NUMANCIA, 4 - NARON "B", 1.
 
 

BENXAMINS: NUMANCIA, 4 - NARON "B", 1.

Numancia de Ares ADR. Benxamíns 2011-2012. Numancia 4 - Narón SEGUIMOS AÍ.

Os de Ares continúan con paso firme na súa andaina, na que dependen de se mesmos para levar a bo porto a consecución do título de liga.


Prados Vellos 13 de abril de 2012.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Adrián, Migui, Mario, Pablo Cartelle, Juan, Pablo García, Christián, Rubén, Naim, Sergio, Greta e Martín.

NARON “B”: Daniel, Pelayo, Diego, Ivan, Mario, Pablo, Miguel, Rubén, Diego, Iván García, Pablo Fernández, Martín e Isaac.

GOLES:

Numancia: Juan (3) e Pablo.

Narón “B”: Rubén.

Primeira metade que non podía comezar mellor para os de Ares, pois ao cinco segundos do seu inicio chegaba o primeiro tanto local. Foi o pistoletazo de saída para comezar os numantinos a despregar un xogo, que por veces foi brillante e co que os novos xogadores aresáns non daban opcións ao rival. Froito diso chegaríamos ao descanso cun resultado de 4 – 0 a favor dos de Ares.

Os primeiros dez minutos da segunda metade transcorreron polos mesmos derroteiros pero os de Ares fallaron as súas ocasións. Isto deulle ás ao Narón que comezou a dispoñer das súas oportunidades e froito dunha delas chagaría o tanto visitante. O asedio dos de Ares continuou sobre a meta do Narón pero o marcador permanecería inamovible, chegándose ao final do partido co resultado coñecido de Numancia 4 – Narón "B" 1.

Destacar no minuto 39 de partido o penalti detido por Rubén, porteiro do Numancia, acción moi celebrada por todos os compañeiros, e que vén a demostrar que estes nenos "son un equipo, e unha piña". Con esta mentalidade, e con este espírito de sacrificio, están a merecer chegar ao máis alto da clasificación, Seguir así, que pase o que pase xa sodes uns campións. Ánimo e a seguir loitando.

Por último, facer un novo chamamento á marea vermella para que nestes dous últimos partidos que restan de liga animen o equipo, e que dentro de quince días suban en masa a Prados Vellos, para animar a estes xovenes deportistas que tan boa tempada están a facer e que necesitan do apoio de toda a afección.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.