Inicio Noticias Benxamíns BENXAMINS. G. CARANZA "D", 0 - NUMANCIA, 1.
 
 

BENXAMINS. G. CARANZA "D", 0 - NUMANCIA, 1.

Numancia de Ares ADR. Benxamíns 2011-2012. G. Caranza DAVID VENCEU A GOLIATH.

Importante partido para os dous equipos o disputado este pasado venres na instalacións de Caranza entre o G. de Caranza "D" e o Numancia. Primeiro e segundo da táboa clasificatoria e que despois do resultado do encontro, seguen ambos os dous con opcións a finalizar como primeiros de grupo.


Caranza 30 de marzo de 2012.

G.CARANZA D: Emilio, Lucas, Adán, Jaime, Hugo, Blas, Alejandro, Daniel, Manuel, Iago, Pablo, Miguel, Camilo e Víctor.

NUMANCIA: Adrián, Migui, Mario, Xan, Pablo García, Juan, Naim, Rubén, Pablo Cartelle, Cristián e Martín.

COLEXIADO: Ramón Cajete de la Vega.

GOLES: Pablo García para el Numancia.

 

 



No fútbol, que é un deporte e non unha ciencia como as matemáticas ou a física, e onde o que se pretende nas categorías de base é inculcar e fomentar o deporte e as relacións entre os contendentes, ás veces sobran as palabras, os comentarios de superioridade e a falta de respecto ao contrario.

Hoxe uns pequenos pero grandes xogadores véñennos a dar a razón, o cal se debe tomar nota delo.

Nunha tarde soleada e con vento disputouse o partido entre dous dos primeiros clasificados do grupo tres do campionato de liga local. A teor do visto e vivido durante os corenta minutos de xogo o equipo visitante fíxose xusto merecedor da vitoria final, tanto polo seu dominio, como o seu saber estar posicionado durante todo o encontro. As mellores e máis claras ocasións foron para o Numancia, pero unhas veces polas acertadas intervencións do gardameta local, outras polas precitacións e outras polos traizoeiros nervios ante a importancia do choque, propiciaron que non se materializasen moitas delas. Ao final sufrida vitoria pola mínima dos de Ares que os mantén como primeiros de grupo.

Felicitar a todo o equipo polo labor realizado para a consecución de tan importante vitoria. Tamén felicitar a toda a numerosa afección que acudiu ás instalacións de Caranza a animar os rapaces.

Quero facer dende aquí un chamamento a toda a marea vermella para acudir aos tres últimos partidos que restan de tempada a animar os nenos, creo que coa espectacular tempada que están a realizar no presente campionato, ben se fixeron merecedores diso.

Animo e a seguir gozando do fútbol.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.