Inicio Noticias Benxamíns BENXAMINS: NUMANCIA, 4 - EFR FERROL "C", 0.
 
 

BENXAMINS: NUMANCIA, 4 - EFR FERROL "C", 0.

Numancia de Ares ADR. Benxamíns 2011-2012. Numancia 4 - EFR Ferrol Partido correspondente á décimo oitava xornada de liga e no que o conxunto aresán resolveu sen grandes complicacións.
 

 


Ares 25 de febreiro de 2012.

ALINIACIONS:

NUMANCIA: Rubén, Manu, Pablo Cartelle, Migui, Pablo García, Naim e Xan. Ao longo do encontro tamén xogaron: David, Samu, Sergio, Martín. Greta e Juan.

EFR FERROL “C”: Martín, Diego, Gabi, Hugo, Manu, Noemí e Alex. Ao longo do encontro tamén xogaron: Iker, Paula e Dani.

COLEXIADO: José M. Santos Mato.

GOLES: Pablo García (3) e Mario.

Vitoria do Numancia ante o EFR Ferrol "C" nun partido no que os aresáns resolveron con solvencia malia non xogar un bo partido. O conxunto ferrolano poucas ocasións tivo para inquietar a portaría local e nas poucas aproximacións das que dispuxo fáltoulles definición. Por parte local se dispuxeron de moitas oportunidades para obter unha maior renda de goles pero os dianteiros aresáns estiveron faltos de puntaría.

Na primeira metade marcaría Pablo García por partida dobre e co 2 - 0 iriámonos ao descanso. Na reanudación sería de novo Pablo García o que poñería o 3 - 0, e Mario marcaría o cuarto e definitivo.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.