BENXAMÍNS. NARON "B", 1 - NUMANCIA, 5.

ADR Numancia de Ares. Benxamíns 2011-2012. Narón OS DISPAROS AFASTADOS DECIDIRON O RESULTADO.

Partido correspondente á undécima xornada de liga e no que o conxunto aresán impuxose ao Narón "B" por 0 - 5. Ao descanso chegouse con vantaxe visitante de 0 - 2.

O Cadaval 16 de decembro de 2011.

NUMANCIA: Pana, Migui, Mario, Isma, Juan, Xan, Pablo García, Naím, Cristian, Pablo Cartelle, Cristina e Greta.

GOLES:
0 – 1: Migui (min. 3).
0 – 2: Xan (min. 7).
0 – 3: Juan (min. 25).
0 – 4: Pablo García (min. 29).
1 – 4: Pablo (min. 32).
1 – 5: Pablo García (min. 36).

Partido bastante máis complicado do que á vista do resultado puidese parecer. O partido foi moi igualado e os minutos de dominio estiveron repartidos para ambos os dous equipos. As cousas poñíanselle de cara para o equipo de Ares que aos tres minutos de xogo poñíase por diante no marcador. Migui aproveita un balón rexeitado da área local e de forte disparo dende o círculo central sorprende o porteiro rival. Continuaron os de Ares dominando os primeiros minutos desta primeira metade, e cando corría o 7 ´, chegaría o segundo gol aresano. Nesta ocasión sería Xan o que enviaría o balón a fondo da rede, despois de aproveitar un centro lateral dende a banda contraría que supera o gardameta. Tiveron os de Ares un baixón no seu rendemento nos minutos seguintes que foron aproveitados polo Narón para envorcarse na área aresana. Dispuxeron de boas opcións os naroneses para facer subir algún gol ao seu marcador, pero un inspiradísimo Pana desbaratou as ocasións locais. Finalmente fómonos ao descanso cun 0 - 2 favorable aos de Ares.

A segunda metade foi un calco da primeira, de novo dominio alterno por parte dos dous equipos. Os naroneses, despois dos bos minutos do primeiro período, non cexaron no seu empeño, viron as súas posibilidades e volveron de novo a levar o peso do xogo. Pero os de Ares xogando á contra golpearon por dúas veces na meta local. Primeiro Juan e despois Pablo García, ambos os dous de forte disparo dende fóra da área, farían subir dous novos goles ao marcador aresán. O Narón obtería o premio ao seu esforzo e bo traballo dos pés de Pablo quen aproveitaría un balón rexeitado por Pana para acurtar distancias. O quinto e definitivo para o Numancia, viría precedido dunha bonita parede de Migui para Pablo García, quen se vai do seu marcador por velocidade, intérnase na área e marca de disparo raso.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.