BENXAMÍNS. NUMANCIA, 5 - R. SAN PEDRO, 3.

ADR Numancia de Ares. Benxamíns 2010-2011. Numancia 5 - R. San Pedro 3. Prados Vellos.A SEMIS, GRAZAS Á PEGADA


Os de Ares acadan o pase a semifinais despois de remontar ata en tres ocasións o marcador en contra. 

Ares 21 de maio de 2011.

ALINIACIONES:
NUMANCIA: Adrián, Dani, Mario, Jaime, Víctor, Pablo García, Martín, Saul, Diego, Pablo Vascos, Iván e Juan.

R. SAN PEDRO: Manu, Juan, Joel, Jorge, Laura, Diego, Antonio, Rodrigo, Pablo, Carlos, Martín e Ossama

COLEXIADO: Dª. Raquel Ortega Orge (Delegación de Ferrol).

GOLES:
Numancia: Martín, Dani, Saul e Victor (2).
R. San Pedro: Diego, Jorge e Manu.

 



Partido único dos cuartos de final da Copa Benxamín da Delegación de Ferrol desputado en Prados Vellos ante numeroso público.

Preciosa mañá de sábado en Ares. Fútbol e bo tempo eran unha boa combinación para desfrutar dunha bonita mañá en Prados Vellos. Abría o telón o equipo benxamín do Numancia, co seu partido de Copa ante o R. San Pedro, co pase ás semifinais en xogo.

Comezaba o encontro, e dende o comezo dábanse conta ós numantinos de que a vitoria non resultaría nada cómoda. Un bo rival, moi físico como o San Pedro e os nervios e imprecisións dos numantinos non prometían un bo panorama. Chegaba o 0 – 1 para ós visitantes. O Numancia reaccionou con forza para conseguir na seguinte xogada o 1 – 1. Cando parecía que ós de Ares collían o dominio do encontro chegaba outro mazazo, o 1 – 2 para ós visitantes. Con este resultado chegabamos ó descanso, tras perdoar o Numancia varias ocasións claras.

Na segunda metade, vimos un Numancia mais atrevido, logrando o 2 – 2. Pero o San Pedro non se resistía e volveríase a poñerse por diante, 2 – 3. Pero o orgullo dos de Ares saiu a flote, e o noso equipo benxamín deulle a volta ó encontro. Varios disparos lonxanos entraron na portería visitante como verdadeiros misíles, deixando finalmente un resultado de 5 – 3 favorable ós numantinos. Vitoria nun partido onde os dous equipos deron un gran espectáculo de sacrificio e pundonor. Lembremos, que son benxamíns, si desfrutan e son felices xogando ó fútbol, o demais debe ser sempre secundario. Felicitar polo tanto ós dous equipos.

Agora ó Numancia benxamín afrontará o vindeiro fin de semana ás semifinais de Copa. Serán a partido único nas instalacións de O Sinde de O Val, ante O Val “B”. ¡¡¡Moita sorte e a seguir desfrutando¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.