Inicio Noticias Benxamíns BENXAMÍNS. NUMANCIA, 4 - G. CARANZA "B", 2.
 
 

BENXAMÍNS. NUMANCIA, 4 - G. CARANZA "B", 2.

ADR Numancia de Ares. Benxamíns 2020-2011. Numancia 4 - G. Caranza DE MENOS A MÁIS.
Os de Ares non xogaron unha boa primeira metade, pero refixéronse na segunda e leváronse os tres puntos. 

Prados Vellos 25 de marzo de 2011.

ALINIACIONS:
NUMANCIA: Adrián, Dani, Mario Martínez, Jaime, Víctor, Pablo García, Martín, Saúl, Cristián, Juan, Mario García e Manuel.
G. CARANZA “B”: Carla, Iván, Emilio, Alex, Bruno, Antón, Aarón, Paulo, Rafa, Jesús e Miguel.

COLEXIADO: D. Roberto José Landrove Sande (Delegación de Ferrol).

GOLES:
Numancia: Dani (2), Saúl e Víctor.
G. Caranza “B”: Aaron (2).

 



Primeira metade na que os ferroláns saíron mais mentalizados para o partido o que lles permitiu levar o peso do xogo durante moitos minutos. Os de Ares non foron capaces de desfacerse da forte presión que o rival exercía no medio campo e custoulles entrar no encontro. Os contraataques sucedéronse nunha e noutra área, pero con máis perigo na aresana. Froito do mellor xogo do Caranza chegaría o primeiro gol dos visitantes, no minuto 8, ao aproveitar Aaron un rexeitamento na área. Non sería ata os últimos minutos nos que os de Ares conseguirían achegarse organizadamente á área rival. Dispuxeron dun par de ocasións para empatar o encontro pero non estiveron acertados. Finalmente foronse o descanso con vantaxe dos ferroláns no marcador pola mínima.

Na segunda metade os de Ares saíron máis metidos no partido e nos primeiros minutos puxeron terra de por medio. Ao minuto de xogo os numantinos igualaron o encontro ao saque dun córner que Dani de sensacional remate de cabeza envía ao fondo das mallas, 1 - 1. Dous minutos despois sería Saúl de forte disparo dende os tres cuartos de campo rival, o balón bota diante de Carla e supéraa na súa estirada, 2 - 1. E tres minutos máis tarde, córner que bota o Numancia ao segundo pau, rexeita un defensa, e Dani moi atento na liña de gol marca o terceiro para os aresáns. O Caranza lonxe de dar o partido por perdido, a pesar do revés, continuou intentándoo e logrou o seu premio no minuto 13. Balón ás costas da defensa, o porteiro numantino chega tarde na sua saida e Aaron gáñalle a partida, marcando a porta baleira o 3 - 2. Este gol animou os visitantes que se foron cara arriba a polo empate deixando demasiada desatendida a zaga. Os de Ares aproveitárono, e un balón ás costas dos defensas deixa en superioridade numérica aos dianteiros aresáns fronte a Carla, finalmente Víctor de disparo cruzado marca o cuarto a cinco minutos do final. Este gol deixou tocado ao Caranza, polo que de Ares se dedicaron a durmir o partido, para chegar ao final deste co resultado de Numancia 4 - G. Caranza "B" 2.

Con este partido remata o campionato de liga benxamín nesta tempada 2010 - 2011 e na que o equipo aresán alcadou un meritorio segundo posto. Dende aquí dámoslles os nosos máis sinceiros parabéns.

Agora toca centrase no campionato de Copa, que dará comezo o próximo 9 de abril, e do que xa demos conta sobre o seu desenvolvemento e datas dos partidos. Manteremosvos informados a través da WEB, en canto recibamos da Federación de Fútbol o calendario dos encontros a disputar.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.