Inicio Noticias Benxamíns BENXAMÍNS. NUMANCIA, 4 - R. SAN PEDRO "B", 0.
 
 

BENXAMÍNS. NUMANCIA, 4 - R. SAN PEDRO "B", 0.

ADR Numancia de Ares. banxamíns 2010-2011. Numancia 4 - R. San Pedro VITORIA, SI, PERO HOUBO QUE PELEXALA.
Os de Ares dominaron claramente o encontro pero encontráronse ante unha férrea oposición defensiva polo que nos lle foi tan sinxelo chegar á meta rival.


Ares 25 de febreiro de 2011.

ALINIACIONS:
NUMANCIA: Adrián, Mario García, Saúl, Iván, Dani, Diego, Pablo Vascos, Pablo García, Juan, Víctor, Martín e Manuel.
R. SAN PEDRO “B”: José Ángel, Anxo, Alberto, Pablo, Adrían, Javi, Miguel, Diego, Ismael, Alex, David e Diego.

COLEXIADO: D. Daniel Calderón Pérez (Delegación de Ferrol).

GOLES:
Numancia: Saúl, Víctor, Juan e Diego.

Bonita tarde, lixeiramente encapotada, pero cunha temperatura agradable, que agradeceron, xogadores e os afeccionados que se achegaron ata Prados Vellos a presenciar o encontro de benxamíns entre o Numancia e o R. San Pedro. Ao final a contenda saldouse a favor dos locais, nun encontro, no que apenas pasaron apuros en defensa, pero no que sí, encontraron unha forte oposición na área rival. Os de Ares pronto se poñerían por diante no marcador. Un saque de esquina de Saúl, aos tres minutos de iniciado o encontro, sorprende ao cancerberio visitante o que significaría o primeiro gol para os locais. A mellor colocación dos numantinos e o seu mellor movemento de balón permitiulles ser os claros dominadores do partido. Pero en fronte encontráronse cun equipo rochoso, forte e organizado en defensa, e un gran porteiro, que desbarataron unha e outra vez os ataques locais. Polo que a tarefa de chegada a porta non foi nada doada. Finalmente e ante tanta oposición os de Ares optaron por disparos afastados, que ou ben marchaban fóra ou se encontraban con José Ángel, o porteiro do San Pedro. Despois de tanto intentalo, no minuto 15 chegaría o segundo gol local, balón que rouba Víctor nos tres cuartos de campo rival, quédase só, encara o gardameta e báteo por baixo, 2 - 0. En canto aos visitantes, con tantos efectivos en defensa e xogando tan atrás, apenas chegaron á meta numantina. Co resultado coñecido de 2 - 0 chegariamos ao descanso.

A segunda metade foi un calco da primeira. Os de Ares volveron ser os claros dominadores, pero de novo a férrea defensa visitante impedía que os dianteiros aresáns chegasen con claridade á súa área. No minuto 25, bonita xogada de estratexia dos de Ares, Pablo García bota un corner en curto sobre Juan, e éste de forte disparo cruzado bate por alto a José Antonio, imparable, gran gol de Juan que significaría o 3 - 0 para os aresáns. Continuaría o dominio territorial dos de Ares, pero estrelábanse unha e outra vez coa zaga visitante. Non sería ata o minuto 36, cando un balón roubado por Martín no centro do campo, entre él e Diego organizan un rapidísimo contraataque que colle por sorpresa á zaga visitante, culminando a xogada Diego co cuarto gol para o Numancia. Nos minutos finais o San Pedro tivo uns instantes de intensidade no seu xogo, intentaron acadar o gol da honra, encerrou aos aresanos no seu campo, pero faltoulles algo de pegada na definición. Finalmente chegouse o remate do encontro coa vitoria local por 4 - 0.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.