Inicio Noticias Benxamíns BENXAMÍNS. NUMANCIA, 7 - G. MUGARDOS, 1.
 
 

BENXAMÍNS. NUMANCIA, 7 - G. MUGARDOS, 1.

SDR Numancia de Ares. Benxamíns 2010-2011. Numancia 7 - G. Mugardos 1. Prados Vellos.VITORIA CLARA E CONTUNDENTE
Bo partido dos de Ares que se impuxeron con claridade ao Mugardos no derby de benxamíns. 

 

Ares, 5 de xaneiro de 2011.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Adrián, Mario Martínez, Jaime, Víctor, Pablo García, Martín, Saúl, Juan, Pablo Vascos, Manuel e Cristian.
G. DE MUGARDOS: Jonathan, Adrián Fernández, Fran, Víctor, Raúl, Adrián Couceiro, Jere, Iván, Rafa, Alex e Pablo.

COLEXIADO: D. Roberto José Landrove Sande (Delegación de Ferrol).

GOLES:
Numancia: Juan (3), Pablo García (2), Víctor e Martín.
G. de Mugardos: Iván.

 


Primeira metade que comezou cun gol temperán para os locais, obra de Juan, que aos dous minutos poñía por diante os de Ares. O Mugardos lonxe de acusar o gol, pelexou e chegou en dúas ocasións con perigo á área Numantina, pero Adrían moi atento encargaríase de desbaratalas. Á terceira foi a vencida, e Iván de forte disparo dende fóra da área, ante o que nada puido facer nesta ocasión o meta aresán, conseguía a igualada, cando corría o minuto cinco de xogo. Pouco duraría a alegría visitante, pois na xogada seguinte, falta sobre Juan, que se encargaría de lanzar Pablo García, conseguindo un sensacional gol que volvía adiantar os de Ares, 2 - 1. Un minuto máis tarde Pablo da un pase medido sobre Juan, éste intérnase na área e de disparo cruzado marca o terceiro para os de Ares, 3 - 1. E dous minutos despois, de novo Pablo García, sería o protagonista marcando o cuarto tanto local, nesta ocasión a saque directo dun corner. Dende aquí ata o final da primeira metade os locais controlaron o partido marchando os vestiarios cun tenteo de 4 - 1.

A segunda metade non tivo moita historia, dende o asubío inicial os aresanos exercendo un ferreo control en medio campo, e movendo o balón con moito criterio, superaron con facilidade ao rival que apenas inquietou a área local. No minuto 26 chegaría o quinto, xogada moi elaborada da dianteira aresana conducida por Martín e Víctor, quen finalmente remata a gol. No 32 ´, xogada rapidísima da dianteira aresana que chega á área mugardesa en superioridade numérica, finalmente Juan envía ao fondo da portaría, 6 - 1. E no 36´, unha bonita parede entre Manuel e Martín, que éste remata a porta suporía o sétimo e definitivo tanto.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.