Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS. RECEPCIÓN NO CONCELLO
 
 

PREBENXAMÍNS. RECEPCIÓN NO CONCELLO

 O ALCALDE COS NENOS
A corporación municipal organizou o acto de homenaxe aos prebenxamíns do Numancia, campións da copa de Ferrol. Foi un acto sinxelo e moi ilusionante para estes cativos que foron recibidos ás oito da tarde no salón de plenos do concello aresán polo sr. alcalde, d. Julio Iglesias, acompañado nesta ocasión por varios concelleiros.

Ares, 2 de xullo de 2010
Os nenos do equipo prebenxamín do Numancia e as súas familias foron ocupando as cadeiras do salón agardando polas palabras do rexedor municipal, verbas que non se fixeran esperar e nas que houbo referencias para todos: para os pais, que se ocupan de trasladar aos seus fillos aos partidos; para a directiva do Numancia, que xestiona e organiza os equipos; e, por suposto, para os cativos, aos que lles lembrou que hai que volver o próximo ano.
Despois do discurso, chegaron os regalos. Cando Julio citaba o nome dun neno, o cativo brincaba e saía lanzado para recoller o seu agasallo, mentres recibía os aplausos de todos. Ilusión e alegría. Con seis, sete anos, estes pícaros xa saborearon os meles da vitoria. Seguro que van intentar non defraudar ao alcalde e voltarán nos vindeiros anos.
 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.