Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS. RECEPCIÓN NO CONCELLO
 
 

PREBENXAMÍNS. RECEPCIÓN NO CONCELLO

VENRES, 2 DE XULLO ÁS 20.00 H.

A coorporación municipal de Ares, presidida polo seu alcalde, d. Julio Iglesias, recibirá este vindeiro venres, 2 de xullo, ás 20.00 h., aos prebenxamíns do Numancia, brillantes campións do torneo de Copa da delegación ferrolá de fútbol. Os vinte nenos que forman o equipo prebenxamín e os seus técnicos, Pedro Sánchez e Alberto Hermida, serán recibidos polos concelleiros aresáns no salón de plenos, onde recibirán tamén uns agasallos.
Esta homenaxe do concello pecha unha excelente temporada 2009/10 para a entidade numantina, na que hai que destacar un tramo final espectacular, coas clasificacións dos equipos alevíns, infantís e cadetes para as semifinais dos seus torneo copeiros, así coma a clasificación para a final do torneo da AFACO dos xuvenís. E, como non, coa vitoria destes nenos prebenxamíns na final de copa ante o Cedeira. Certamente, péchase unha gran temporada para o Numancia, inesquecible, deixando o listón moi alto para as vindeiros anos.

Haberá que repartir o mérito destes logros entre todos os compoñentes da entidade, comezando polos adestradores, cuxo traballo ao longo destes últimos anos vai dando os seus froitos, e por suposto, entre os xogadores, auténticos protagonistas no campo de fútbol, onde se xogan e gañan os partidos. Uns e outros, xogadores e adestradores, coa súa dedicación e entrega seguro que aínda nos van dar máis satisfaccións nos vindeiros anos. Parabéns a todos.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.