Inicio Noticias Pre Benxamíns Prebenxamíns. Final de Copa.
 
 

Prebenxamíns. Final de Copa.

S.D.R. Numancia de Ares. Prebenjamines 2009-2010. Campeones de Copa. NUmancia, 6 - Cedeira, 2. A Gándara (Ferrol) 11/06/2010

 

NUMANCIA, 6 - CEDEIRA, 2. CAMPIÓNS!
Final da copa prebenxamín da delegación ferrolá de fútbol, disputada no campo da Gándara. Ao descanso, o marcador era de 5 – 1.

Ares, 11 de xuño de 2010.
Isma, Cristina, Matthew, Raúl, Mateo, Sergio, Diego e Samuel tamén son os campións, aínda que hoxe non puideran xogar. Quixera comezar esta crónica citándoos porque un auténtico equipo campión foi este Numancia prebenxamín que conseguiu levar á Gándara a estes nenos para estar xunto aos seus amigos e celebrar todos xuntos esta vitoria. TODOS son necesarios e importantes. Nos deportes colectivos hai que intentar sumar, hai que procurar que todos os integrantes se sintan queridos e que comprendan que a aportación de cada un resulta fundamental. Por todo isto, á marxe da vitoria, o que nos vai quedar para sempre é esa foto de grupo na que todos amosan unha desbordante alegría. Noraboa para Pedro e Alberto, adestrador e delegado, que souberon lograr esta unión.

Os xogadores que desputaron o encontro foron os seguintes:
CEDEIRA: Juan, Daniel, Pablo Pérez, Yago, Iker, Pablo Vivero, Darío, Xabier, Hugo, Raúl, Bruno e Ángel.
NUMANCIA: Adrián, Mario García, Migui, Juan, Pablo García, Xan, Mario Martínez, Alberto, Cristian, Martín, Raúl e Pablo Cartelle.

 

MINUTO A MINUTO:
Primeira Parte:
Min. 2: Falta directa que lanza Juan. O balón sae fóra, cerca do poste.
Min. 5: GOOOOOOOOOL DO NUMAN! GOOOOOOL DE PABLO!. NUMANCIA, 1 – CEDEIRA, 0. Próximo á frontal da área, Pablo saca un disparo raso que o porteiro do Cedeira non pode chapar.
Min. 7: Adrián saca forte desde á súa área e o balón supera aos defensas rivais, chegando a Mario, quen diante do porteiro case marca o segundo gol.
Min. 8: Gran pase de Pablo para Mario dentro da área ao que se anticipa o porteiro cedeirense.
Min. 9: GOOOOOOOOOL DO CEDEIRA! NUMANCIA, 1 – CEDEIRA, 1. Falta directa a favor do Cedeira e balón que supera a Adrián, poñendo o empate a un gol no marcador.
Min. 10: GOOOOOOOOL DO NUMAN! GOOOOOOOOOL DE MARIO! NUMANCIA, 2 – CEDEIRA, 1. Saque de banda cerca do banderín de córner e balón que Pablo, dentro da área, controla diante dos defensas e porteiro e envía para Mario. Este non ten máis que empuxar o balón e adianta de novo aos aresáns.
Min. 11: Excelente disparo de Pablo desde lonxe que sae fóra por moi pouco, pegado ao poste.
Min. 14: GOOOOOOOOOOOOL DO NUMAN! GOOOOOOOOOL DE PABLO!. NUMANCIA, 3 – CEDEIRA, 1. Despois de buscar a posición adecuada para a súa perna esquerda, preparándose ben o balón, Pablo engatilla un disparo imposible para o porteiro do Cedeira.
Min. 19: GOOOOOOOOOOOL DO NUMAN! GOOOOOOOOOOOL DE JUAN!. NUMANCIA, 4 – CEDEIRA, 1. Bo pase pola banda esquerda de Cristian para Pablo. Sae o porteiro e Pablo porfía por levarlle o balón. Finalmente consegue roubarlle a pelota e cede cara o punto de penalti, onde Juan controla e fusila a pracer.
Min. 20: GOOOOOOOOOOOL DO NUMAN! GOOOOOOOOOOL DE XAN!. NUMANCIA, 5 – CEDEIRA, 1. Balón no círculo central que controla Pablo, levanta a cabeza e, vendo o desmarque en ruptura de Xan, envíalle un marabilloso pase entre os defensas, deixándoo só diante do porteiro. Xan non desaproveita o regalo e bate por baixo ao porteiro.

Segunda Parte:
Min. 1: Adrián, moi valente, tírase polo balón anulando a internada do dianteiro do Cedeira.
Min. 2: Córner favorable ao Numancia. Saca en curto Pablo e o remate final sae fóra.
Min. 4: Tiro de Mario que se estrela no lateral da rede.
Min. 7: GOOOOOOOOOOOOL DO NUMAN! GOOOOOOOOOL DE MARIO!. NUMANCIA, 6 – CEDEIRA, 1. Balón que non atrapa o porteiro do Cedeira e Mario, moi atento, envía ao fondo da rede.
Min. 11: Superando á defensa por velocidade, Mario plántase diante do porteiro e dispara raso. O gardarredes do Cedeira adivina a intención de Mario e realiza unha gran parada.
Min. 12: Adrián despexa un balón co pé desfacendo unha xogada perigosa.
Min. 14: Falta directa que lanza Juan e balón que sae rozando o poste.
Min. 17: Clara ocasión favorable ao Cedeira pero o balón sae por riba do traveseiro.
Min. 20: GOOOOOOOOL DO CEDEIRA! NUMANCIA, 6 – CEDEIRA, 2. Falta directa que entra na portería defendida por Adrián.
Despois de clasificarse para as distintas semifinais de copa, xa lle tocaba ao Numancia conseguir unha vitoria e foron este peques os que nos regalaron este trofeo. Brillante partido ante un Cedeira que loitou ata o final, arroupado por unha afección que animou desde un principio e que conseguiron transmitirlles aos seus nenos a alegría por xogar esta final quitándolles a presión dunha derrota que puidese afectalos animicamente.
Os peques do Numancia tamén estiveron acompañados por unha numerosa afección na que hai que incluír ao sr. alcalde D. Julio Iglesias, quen non quixo perder a ocasión de celebrar este título e organizou a visita ao concello.
Na entrada de Ares, concentración dos numantinos esperando pola chegada de Pedro para que encabezase a caravana que anunciou aos aresáns a vitoria desta tarde, percorrendo as rúas de Ares e facendo soar o claxon. Diante do concello, os nenos e adestradores saudaron desde o balcón e, xa no salón de plenos, foron asinando no libro de ouro do concello, ademais de recibir unha insignia co escudo aresán que lles foi colocando o sr. alcalde. Por suposto, as exclamacións de NU – MAN - CIA!, NU- MAN – CIA! repetíronse en máis dunha ocasión.
Grazas, prebenxamíns, por esta gran temporada e por acentuar o sentimento numantino, por reforzar esa emoción tribal de pertenza e entrega, de orgullo de NUMANTINOS.
AÚPA NUMAN!

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.