Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS. TORNEO DE MIÑO
 
 

PREBENXAMÍNS. TORNEO DE MIÑO

O NUMANCIA GAÑA NA FINAL AO EUME POR 5 - 2.
Durante a xornada do sábado, 5 de xuño, o Numancia prebenxamín desprazouse a Miño para disputar e gañar este primeiro trofeo do concello de Miño

 

Ares, 7 de xuño de 2010
O adestrador dos prebenxamíns, Pedro, enviounos unha breve información dos partidos celebrados o pasado sábado en Miño.
Os resultados foron estes:

Na fase de grupo:
Numancia - Miño "B" : 6 - 0
Numancia  - Neda :   4 – 0

Xa pola tarde, na semifinal:
Numancia  -  Miño "A" : 5 – 1

E, por último, na final:
Numancia - Eume : 5 - 2
 
Os nenos que se desprazaron para este torneo foron: Adrián, Miguel Oliveira, Pablo Cartelle, Cristian Santos, Pablo García, Xan Garabana, Juan Sánchez, Diego Leán, Raúl Martínez, Cristina Fernández, Ismael Medin e Sergio.
 
Respecto das incidencias destes partidos, Pedro coméntanos que “aproveitamos estes partidos para darlles máis minutos aos nenos de primeiro ano, xa que tamén os outros equipos tiñan nenos desas idades. Os nosos chavales demostraron que cando xogan concentrados e con ganas tamén poden render a gran nivel.”
E, como non, remata esta información agradecéndolles aos xogadores “o traballo e sacrificio realizado nos catro partidos, así como o seu compromiso co club.”

Parabéns para todos os nenos prebenxamíns que están a completar unha temporada irrepetible. Tamén hai que agradecerlle ás súas nais e pais o esforzo realizado este sábado, levando os seus fillos ata Miño.
 
Por suposto, desde a SDR NUMANCIA queremos agradecerlle ao Bemantes a súa invitación para participar neste torneo e felicitalos pola organización do mesmo.
 

ATENCIÓN:  O VENRES, 11 DE XUÑO ÁS 19:30 H. NA GÁNDARA: FINAL PREBENXAMÍN DA COPA DE FERROL: NUMANCIA - CEDEIRA.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.