Prebenxamíns. Numancia, 4 - E.F.Racing Ferrol, 1
Xa estamos na final.
O conxunto prebenxamín do Numancia conseguiu o pase para xogar a final do torneo de copa local ó vencer por 4 tantos a 1 á Escola de Fútbol do Racing de Ferrol.
Prados Vellos, 28/05/2010
Aliñeación: Adrián; Mario Martínez, Xan, Migui, Pablo García, Juan e Mario Martínez, tamén interviron Raúl e Cristian.
Goles: Mario García (2), Pablo, Raúl.
Intenso e disputado encontro de semifinais no campo de Prados Vellos donde o Numancia foi quen de eliminar a un dos mellores conxuntos da categoría.
O primeiro tempo finalizou có resultado de 1-0 favorable ós locais grazas a un tanto de Pablo García.
Na segunda metade sería Raúl quen aumentaría a ventaxe (2-0). Sería logo o turno dos ferroláns que acurtarían distancias e conseguirían e poñer emoción no marcador (2-1). Dous tantos de Mario García sentenciarían a eliminatoria resolta en favor dos locais conseguindo o 4-1 definitivo.
O rival para a final será o Cedeira que eliminou ó Galicia de Caranza na tanda de penaltis despois de rematar o encontro có resultado de 4 a 4.