Prebenxamíns. Portuarios, 0 - Numancia, 7

S.D.R. Numancia de Ares. Prebenjamines 2009-2010. Copa Local. Portuarios, 0 - Numancia, 7. A Gándara FerrolOs prebenxamíns tamén ás Semifinais!.

Non podían ser menos, e os pequenos tamén se apuntaron a pasar a semifinais da copa local. A súa vitoria por 0 a 7 fronte ó Portuarios e o empate a dous entre o Perlío e a E.F.Racing B permiteulles acadar o primeiro posto do grupo e clasificarse para as semifinais do torneo. 

A Gándara (Ferrol) 22/05/2010 

Xogaron de saída: Adrián, Pablo Cartelle, Mario Martínez, Juan, Pablo García, Migui e Mario García. Tamén participaron Diego e Samuel.

Goleadores: Pablo García (3), Mario García (2), Migui e Juan

No primieiro tempo anotaron  por este orden  Juan, Pablo García, Migui e Mario para poñer ó descanso o 0-4. Na reanudación sería Pablo novamente en duas ocasións e Mario García os que deixarían o 0-7 definitivo.

Así pois rematada esta fase de grupos o Numancia e primeiro con 13 puntos grazas ás 4 vitorias e un empate colleitadas deixando ó seu direto rival a E.F. Racing B con 11 puntos polas 3 vitorias e 2 empates acadados.

Ánimo ós rapaces e a seguir disfrutando da competición.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.