Prebenxamíns: Numancia, 10 - Barallobre, 1

S.D.R. Numancia de Ares. Prebenjamines 2009-2010. Copa Local.  Numancia, 10 - Barallobre, 1. Prados Vellos . Ares.Bo xogo e goles na tarde do venres.

Clara vitoria do Numancia na segunda xornada da copa local prebenjamin en Prados Vellos.

Prados Vellos. 30/04/2010.

Aliñación: Adrián; Mario Martínez, Diego, Raúl Martínez, Pablo García, Juan  e Mario García. Tamén participaron: Alberto, Sergio, Samuel, Matthew e Pablo Cartelle.

Goles: Pablo García (4), Mario García (4), Juan (2).

Dominio total do equipo local que xa vencía por 6 a 0 no descanso, repartíndose os tantos entre Mario García e Pablo García anotando cada un tres tantos. No segundo tempo ao pouco de iniciarse conseguiría o Barallobre o seu gol para continuar os locais anotando 4 tantos máis nos pés de Mario García, Pablo García e Juan por partida dobre.
A pesar do que poida deducirse polo resultado, o equipo visitante nunca se deu por vencido e tratou de xogar e acurtar distancias aínda que os locais que tamén xogaron a gran altura non lles deixaron.
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.