Inicio Noticias Pre Benxamíns Prebenxamíns: Racing de Ferrol, 3 - Numancia, 3
 
 

Prebenxamíns: Racing de Ferrol, 3 - Numancia, 3

S.D.R. Numancia de Ares. Prebenjamienes 2009-2010. Racing de Ferrol, 3 - Numancia, 3. A Malata (Ferrol)Debut copeiro na Malata con empate nun partido moi disputado ante un rival forte.

O Numancia conseguiu un empate a tres tantos nun partido disputado onde chegou a ter vantaxe no marcador por dúas veces. Ao descanso chegouse con vitoria aresana por 1 a 2.

A Malata. 23/0472010

Aliñación: Adrián; Xan, Mario Martínez, Alberto, Juan, Mario García e Pablo. Tamén participaron Migui e  Cristian.

Goles: Juan (2) e Mario García.

 

Partido moi disputado o da tarde do venres en Ferrol (Malata-3) onde os rapaces puxeron tódalas gañas para intentar conseguir a vitoria ante o rival mais poderoso do grupo. Foi un encontro que non tivo un gran dominador, sendo este alterno e con moitas ocasións de gol para ambos conxuntos. Como aspecto positivo destacar a pelexa e entrega de tódolos rapaces no partido, e tamén a súa deportividade xa que foi un encontro moi limpo.

Adiantaríase no marcador o equipo local (1-0). Establecería o empate Juan ao aproveitar un rexeite do porteiro despois dun disparo de Mario García (1-1). No segundo tanto visitante invístense os papeis e Mario García aproveita un rexeite do porteiro despois dun disparo de Juan (1-2). Con vantaxe de 1 a 2 para os visitantes finalizaría o primeiro tempo.


Na segunda parte o Racing consegue igualar a contenda (2-2), pero os visitantes non baixan os brazos e novamente Juan adianta aos aresáns (2-3). Os locais volven igualar o marcador, deixando o 3 a 3 definitivo, a pesar da boa actuación de Adrián que tentou por todolos medios de atallar os balóns que lle chegaron á súa meta. En resumo partido igualado e disputado entre dous bos equipos.

Animo rapaces que pelexando así dámoslle guerra a calquera equipo.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.