Inicio Noticias Pre Benxamíns Prebenxamíns. Numancia, 3 - Ánimas, 3
 
 

Prebenxamíns. Numancia, 3 - Ánimas, 3

S.D.R. Numancia de Ares. Prebenjamines 2009-2010. Numancia, 3 - Ánimas, 3. Prados Vellos.Ó final, un só punto.

Despois de ir cun 3-0 favorable o Numancia non puido conseguir máis que un empate a 3 fronte ó lider Ánimas.

 

20/02/210 Prados Vellos.

 

Polo Numancia xogaron: Adrián, Mario Martínez, Xan, Raúl Martínez, Mario García, Pablo García, Alberto, Migui, Pablo Cartelle, Juan e Cristian.

Goles: Mario García, Xan e Juan.

O encontro apresentábase complicado por ser o equipo do Ánimas, primeriro clasificado, o que viña a xogar a Prados Vellos. Por outra banda o conxunto local sufrira unha derrota dolorosa no seu anterior encontro. Pero o primeriro tempo facía ter as mellores esperanzas posto que os goles de Mario García e Xan permitían ir ó descanso con ventaxe de 2 a 0.

Na reanudación un novo gol, esta vez acadado por Juan, parecía encarrilar definitivamente o encontro (3-0). Pero pouco a pouco o Ánimas fou crecendo e acurtando distancias ata deixar o marcador no empate a tres final.

En resumo, un bo encontro do qu eo lider sae máis lier e os nosos deixan unha boa imaxe inda que coa amargura de non poder acadar o triunfo que tan perto se tivo.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.