Inicio Noticias Pre Benxamíns Prebenxamíns. Numancia, 4 - Cedeira, 2
 
 

Prebenxamíns. Numancia, 4 - Cedeira, 2

S.D.R. Numancia de Ares. Prebenjamines 2009-2010. Numancia, 4 - Cedeira, 2. Prados VellosO equipo prebenxamín segue en nos postos altos da clasificación.

A vitoria por 4-2 ante o Cedeira en Prados Vellos, permite ó conxunto aresán seguir de terceiro moi preto do primeiro clasificado. Ó descanso do encontro os aresáns vencían por 3-1.

 

 

Prados Vellos 23/01/2010

Xogaron: Adrían, Mario MArtínex, Cristina, Pablo García, Pablo Cartelle, Diego, Sergio, Juan, Xan, Raúl Nogueras e Mario García.

Goles: Pablo  García (2) Mario García(2)

A pesar de non facer un encontro moi vistoso o conxunto local adiantouse no marcador grazas a unha falta ben executada por Pablo García (1-0). Tamén á saída dun "corner" o propio Pablo García poñia novamente en ventaxe ós numantinos (2-0). Acurtaba distancias o Cedeira (2-1) e poñia o 3-1 , có que finalizaría o primeiro tempo, Mario García.

Na segunda metade novamente marcaban os visitantes (3-2). Por último Mario García novamente establecía o 4-2 definitivo.

Con este resultado, o Numancia segue de terceiro, a un punto do Racing e a tres do Ánimas, segundo e primeiro clasificado respectivamente. Inda que os numantinos levan un encontro menos que os conxuntos ferroláns. Destacar a solidez defensiva dos aresáns que a pesar dos goles encaixados esta semana seguen sendo os menos batidos con 11 tantos.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.