Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS. CRÓNICA DE MEIRÁS.
 
 

PREBENXAMÍNS. CRÓNICA DE MEIRÁS.

KIKE: "GRAN ESFORZO DOS NENOS DURANTE OS TRES PARTIDOS"

Só a diferenciade goles provocou que o Numancia non entrase nas semifinais.

Ares, 5 de xuño de 2017.

Kike Dragoevich e Marcelo Couce, os dous monitores do equipo prebenxamín do Numancia, ofrecen a crónica dos partidos disputados o venres pasado en Meirás:

"Na tarde do venres 2 de xuño, organizouse o torneo de F-8 de prebenxamíns no campo de fútbol do Meirás. Ás 16:00 o equipo numantino saía do centro de saúde a Meirás. O torneo de Meirás consistía nunha primeira fase de grupos formada por dous grupos. No primeiro grupo ao Numancia tocáronlle o Freixo, Racing de Ferrol e Meirás. No segundo grupo estaría o Sansa, Narón, Perlío e Ánimas. Pasaban os dous primeiros de cada grupo e os partidos duraban 25 min. Os nenos do Numancia nada máis chegar, cambiáronse rápido e entraron no campo Nº1, xogaban ás 17:00 o primeiro partido. 

ADR Numancia de Ares. Prebenjamines 2016-2017. Torneo de Meirás

Primeiro partido: Numancia de Ares 2 - Freixo 0

O primeiro partido empezaba ben, dominando practicamente o Numancia cun bo número de pases e realizando varios disparos a porta pero sen encontrar acerto. Ata que nunha boa xogada de pases, Dani tirou a porta e nun rexeite do porteiro contrario que aproveitaría Adri para adiantar o equipo numantino. O encontro seguiu de cara ao Numancia, o Freixo case non pasaba da metade do campo e chegaría o segundo tanto do Numancia grazas a Dani que aproveita o rexeite do porteiro a un tiro de Gabi.

 

Segundo partido: Numancia de Ares 1- Rácing de Ferrol 0

Este partido foi o máis disputado. O Numancia tiña o balón,  movendo moi ben o balón entre todos  e dispoñía de case todas as ocasións con innumerables tiros a porta cun bo porteiro contrario rexeitando todos os balóns. O Rácing dispoñía algunha que outra ocasión pero Mario respondía moi ben aos achegamentos do Racing. Poñíamos no minuto 25 e xa no desconto cando o equipo volcado na área de Racing, Samu sacou de centro e foi rexeitado por un defensa racinguista e caendo o balón a Lucas Varela, que xa nada máis lle chegou, pegou con todas as súas forzas, entrando moi preto do traveseiro e superando ao porteiro racinguista, anota o gol que daría a vitoria numantina. Un gol que puxo a afección numantina en pé e deixando aos adestradores sen palabras.

 

Terceiro Partido: Meirás 2 - Numancia de Ares 1

Arrancaba o partido cun Numancia primeiro de grupo moi concentrado, pero nos primeiros minutos un pase en longo ao dianteiro do Meirás que superou a defensa e bate a Mario por debaixo nun riguroso gol, xa que Manu sacou o balón sobre a mesma liña pero a decisión arbitral foi a de conceder o gol. Este gol desconcentraría ao equipo ata que chegaría o segundo do Meirás batendo a Mario por alto. Despois deste último gol o Numancia espertaría e empezou a xogar chegando varias veces a portería contraria e despois dun córner nunha revolta no área, aproveitaría Gabi e introduciría o 2-1 definitivo.

 

 ADR Numancia de Ares. Prebenjamines 2016-2017. Torneo de Meirás

Rematados os primeiros 3 partidos da primeira fase, os resultados entre os equipos do grupo finalizou con tripla empate a 6 puntos entre o Meirás, Racing e Numancia, polo tanto, o que valían era a diferencia de goles e era +6, +4 e +2, respectivamente. Quedando fora o equipo numantino, unha mágoa para o esforzo e dedicación durante todo o torneo demostrado polos nenos do Numancia de Ares".

 

Excelente participación dos rapaciños prebenxamíns que están a rematar unha magnífica temporada. 

Por último, felicitar ao Meirás pola organización deste torneo e darlles as grazas por ternos invitado.

 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.